Iza, Boyacá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 5°36′45″N 72°58′43″O / 5.61250, -72.97861

Iza, Boyacá
Iza boyaca.jpg
Igrexa de Iza.
Localización
Iza en Colombia
Iza
Iza
PaísFlag of Colombia.svg Colombia
DepartamentoBoyacá
RexiónSugamuxi
Xeografía
Altitude2 560 msnm
Superficie34 km²
Demografía
Poboación2 349 (2015)
Densidadehab/km²
XentilicioIzano, -a
Outros datos
AlcaldeDiego Armando Lopez Wanumen (2016-2019)
Páxina oficial

Iza é un concello colombiano que se atopa na provincia de Sugamuxi no departamento de Boyacá. Está situado a uns 90 quilómetros ó leste da cidade de Tunja.

O concello de Iza caracterízase pola conservación do seu contido histórico, o cal se manifesta no seu devanceiro prehispánico, arte rupestre, mitos, lendas, tradicións, a toponimia local, festexos e oficios como o tecido en algodón e la, empregando prácticas e teares da España medieval, así como na súa arquitectura colonial, trazos que a converteron en Ben de Interese Cultural de Carácter Nacional, polo Ministerio de Cultura de Colombia no ano 2002.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome de Iza provén da palabra muisca "za" que significa noite. Malia que en 1895 o nome da poboación cambiouse a Santa Isabel, pois segundo o dicionario castelán a palabra iza significaba concubina, os seus habitantes mantiveron o nome tradicional. O municipio tamén é coñecido como «Niño Verde de Boyacá», nome dado por Manuel Ancízar, quen contra o ano 1850 percorreu a rexión sendo partícipe da Comisión Corográfica dirixida por Agustín Codazzi. Na súa obra Peregrinación de Alpha polas provincias do norte da Nova Granada en 1850-1851, Ancizar refírese a Iza como un verde niño en alusión ós salgueiros, alisos, chicalás e demais vexetación que daban, como aínda hoxe, unha contorna natural ó centro urbano.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]