Ivars Godmanis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ivars Godmanis
Ivars Godmanis saeima.jpg
Nacemento27 de novembro de 1951
 Riga
NacionalidadeLetonia
Alma máterUniversidade da Letônia
Ocupaciónpolítico e físico
PremiosOrder of the Three Stars
Ivara Godmaņa paraksts.png
editar datos en Wikidata ]
Ivars Godmanis (extrema esquerda) na reunión do goberno letón e os representantes dos E.U.A.
Ivars Godmanis (á esquerda)

Ivars Godmanis, nado en Riga en 27 de novembro de 1951, é un político de Letonia. Foi o primeiro Primeiro Ministro de Letonia trala independencia do país da Unión Soviética, en decembro de 2007 volveu ser elixido Primeiro Ministro por segunda vez.[1]

Estudou na facultade de física e química da Universidade de Letonia e participou no movemento nacionalista letón impulsando o Fronte Popular Letón, partido que aglutinaba a maioría de forzas nacionalistas.

Godmanis, elixido nas eleccións do 18 de marzo de 1990, serviu como primeiro ministro no período de 1990 a 1993, o seu principal reto foi dirixir a difícil transición económica de Letonia desde o comunismo ao capitalismo. Nos comicios de 1993 obtivo unha estrepitosa derrota e retirouse da vida política.

A súa volta do sector privado produciuse en 1998, ano en que ingresou no partido Camiño de Letonia, escisión da Fronte Popular e exerceu o cargo de Ministro de Finanzas ata 1999.

Nas eleccións de 2002 o seu partido perdeu a representación parlamentaria sendo nomeado presidente deste dous anos despois. En novembro de 2006, tralas eleccións que posibilitaron a volta do Partido Camiño de Letonia ao Saeima, Godmanis fíxose cargo do ministerio do interior e o 14 de decembro de 2007, foi nomeado polo Presidente Valdis Zatlers primeiro ministro tras a dimisión de Aigars Kalvītis. O seu nomeamento foi aprobado polo Parlamento o 20 de decembro, con 54 votos a favor e 43 contra.[2]

O 18 de xuño de 2008, Godmanis sufriu un accidente de tráfico, cando o seu coche oficial encaixouse cun microbús nas rúas de Riga.[3]

Como nota curiosa, moderou un programa radiofónico na emisora privada SWH, sobre a historia da música rock.


Predecesor:
Vilnis-Edvīns Bresis RSS de Letonia
 Primeiro Ministro de Letonia 
1990-1993
Sucesor:
Valdis Birkavs
Predecesor:
Aigars Kalvītis
 Primeiro Ministro de Letonia 
2007-actualidade
Sucesor:
No cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Godmanis nominated for prime minister", The Baltic Times, 19 de decembro de 2007.
  2. "Latvia’s old coalition back in power"[Ligazón morta], Reuters (The Peninsula Online), 21 de decembro de 2007.
  3. Latvian PM injured in car crash[Ligazón morta].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]