Ivan Klasnić
Ivan Klasnić | |||
---|---|---|---|
Klasnić xogando para o Werder Bremen | |||
Información persoal | |||
Nome | Ivan Klasnić | ||
Nacemento | 29 de xaneiro de 1980 (44 anos) | ||
Lugar de nacemento | Hamburgo | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1984–1992 | Union 03 Altona | ||
1992–1994 | TSV Stellingen 88 | ||
1995–1997 | St. Pauli | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997–2001 | St. Pauli | 95 | (26) |
2001–2008 | Werder Bremen | 151 | (49) |
2008–2010 | Nantes | 33 | (10) |
2009–2010 | → Bolton Wanderers (cedido) | 27 | (8) |
2010–2012 | Bolton Wanderers | 50 | (12) |
2012–2013 | Mainz 05 | 3 | (1) |
Total | 359 | (106) | |
Selección nacional | |||
1998–1999 | Croacia sub-19 | 5 | (1) |
2001 | Croacia sub-21 | 3 | (1) |
2004–2011 | Croacia | 41 | (12) |
Na rede | |||
http://www.ivanklasnic.com | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ivan Klasnić [ˈiʋan ˈklasnitɕ], nado en Hamburgo o 29 de xaneiro de 1980, é un exfutbolista xermano-croata que xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Klasnić naceu en Hamburgo (daquela en Alemaña do Oeste, nunha familia con membros de orixe bosnia e croata. Comeza a súa carreira profesional na escuadra local St. Pauli, coa que xogou tres tempadas e media destacando coma dianteiro. Despois de axudar ó St. Pauli a ascender á primeira división no ano 2001 marcha para o Werder Bremen no verán dese ano. As dúas primeira tempadas no club no foron de bo proveito debido sobre todo a dúas fortes lesións no xeonllo, mais na 2003-04 revelouse coma un dos xogadores clave do éxito do Werder. Ese ano gañaron tanto a Bundesliga como a Copa de Alemaña, e Klasnić anotou 11 goles e deu 13 pases de gol nos encontros de liga.
Na 2004–05 anotou 5 goles na Liga de Campións, facendo un triplete contra o RSC Anderlecht, mais en oitavos de final o Werder caería co Olympique Lyonnais por un total de 10-2 na eliminatoria.
Os comezos na tempada 2006–07 non foron moi bos, co xogador en baixo estado de forma e necesitando sete encontros para anotar un só gol.
Na tempada 2008–09 fichou polo FC Nantes da Ligue 1 de Francia, onde participou en 33 partidos e anotou 10 goles. Ao final da campaña o equipo quedou 19º posto, descendendo a Ligue 2. Na campaña 2009–10 marchou cedido ao Bolton Wanderers FC da Premier League inglesa, participando en 27 partidos e anotando 8 goles.
Para a tempada 2010–11 o Bolton Wanderers fíxose co xogador en propiedade, onde xogou tamén na tempada 2011–12, participando nun total de 50 partidos e anotando 12 goles nestas dúas campañas.
Na tempada 2012–13 fichou polo 1. FSV Mainz 05.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Tras rexeitar a invitación de Rudi Völler para xogar coa selección xermana e a de Blaž Slišković para xogar coa selección de Bosnia e Hercegovina, acepta xogar para a selección croata. Debuta no ano 2004 nun encontro contra Alemaña, no que estes vencen por 2-1.
Foi escollido para disputar a Eurocopa de Fútbol 2004 que se celebrou en Portugal, mais o adestrador non lle concedeu nin un só minuto. Croacia non pasaría da primeira fase, e as críticas arreciaron sobre o seleccionador por deixar apartado a Klasnić.
Despois desta competición, e coa entrada de Zlatko Kranjcar na dirección da escuadra nacional, por fin fíxose cun posto no once inicial nas clasificatorias para o Mundial de 2006. A pesar de ter un rendemento aceptable criticouse moito por parte dos medios de comunicación o feito de que parece render moito máis xogando para o Werder que coa selección. Estas críticas seguen a día de hoxe.
Xa no mundial, non logra anotar gol algún, e Croacia cae na primeira rolda tras dous empates e unha derrota. Na actualidade, aínda que segue sendo convocado, parece que perdeu a súa praza de titular nos últimos encontros de clasificación para a Eurocopa de Fútbol 2008.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Werder Bremen
- Bundesliga: 2003–04
- Copa de Alemaña: 2004