Saltar ao contido

Itxaro Borda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaItxaro Borda

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Baiona, Francia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pau e dos países do Adur Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, carteira Editar o valor en Wikidata
Participou en
Tabakalera Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Inguma: itxaro-borda Literaturaren Zubitegia: 22 BNE: XX841107

Itxaro Borda, nada en Baiona o 29 de marzo de 1959, é unha escritora vasca en lingua éuscara.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Itxaro Borda naceu en Baiona.[1] Publicou o seu primeiro poema en 1974 na revista Herria. En 1981, participou na creación da revista vascofrancesa Maiatz, a cal facilitou a publicación do seu primeiro poemario, Bizitza nola badoan, en 1984.[1] Ademais de poesía, escribiu novelas, artigos e ensaios. Traduciu ó éuscaro obras como Kaukausiche Kredekreis de Bertold Brecht. Tamén escribiu letras para cancións.[1]

Amaia Ezpeldoi

[editar | editar a fonte]

O personaxe máis coñecido da obra de Borda é Amaia Ezpeldoi, unha detective suletina atípica, rural, bisexual e con problemas de comunicación, que aparece por primeira vez na novela Bakean ützi arte, de 1994, e posteriormente en Bizi nizano munduan e Amorezko pena baño, ambas as dúas de 1996, formando unha primeira triloxía. Trata nestas tres obras temas suletinos, como a industria do gas ou a produción de esparto, así como a situación socioeconómica e cultural do País Vasco francés.​ En 2004 recuperou este personaxe en Jalgi hadi plazara, aínda que a contorna desta novela é Bilbao. En 2012 publicou unha quinta novela protagonizada po Ezpeldoi, Boga boga.[2]

  • Bizitza nola badoan (1984). Maiatz.[1]
  • Krokodil bat daukat bihotzaren ordez (1986).[1] Susa.
  • Just love (1988).[1] Maiatz.
  • Bestaldean (1991).[1] Susa.
  • Orain; Susa (1998).[1] Susa.
  • Entre les loups cruels (2001).[1] Maiatz.
  • Hautsak errautsak bezain (2002).[1] Maiatz.
  • XX. mendeko poesia kaierak - Itxaro Borda (2000). Susa.
  • Hautsak errautsa bezain (2002). Maiatz.
  • Noiztenka (2007). Maiatz.
  • Ogella Line (2009). La malle d'aurore, Aturbe.
  • La porta oberta en el cel, i aixo
  • Kalahari of love, Itxaro Borda — Maiatz 12 (1986-decembro)
  • Abaro (2020). Balea Zuria.
  • Basilika (1985). Susa.[1]
  • Udaran betaurreko beltzekin (1987). Ateka.[2]
  • Bakean ützi arte (1994).[1] Susa.
  • Bizi nizano munduan (1996).[1] Susa.
  • Amorezko pena baño (1996).[1] Susa.
  • %100 Basque (2002). Susa.[1]
  • Zeruetako Erresuma (2005). Susa.[1]
  • Jalgi hadi plazara (2007). Susa.[2]
  • Ezer gabe hobe (2009). Susa.[2]
  • Boga boga (2012).[2]
  • Susmaezinak (2019). Txalaparta.
  • Kripton 85 (2019). Maiatz.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 "basqueliterature.com" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 1 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 1 de febreiro de 2017. 
  3. "Premios de Literatura Euskadi". Consultado o 1 de febreiro de 2017. 
  4. "O Pen Clube entregou os seus premios ás literaturas ibéricas". La Voz de Galicia. 2010-09-18. Consultado o 2020-12-27.