Itako (潮来市, いたこし, Itako-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situado ao leste da rexión de Kantō e ao sueste da prefectura, na zona da provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 62,67km², a poboación é de 30.850 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 492 h/km².