It girl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cartel do filme "It" (1927)

"It girl" é un termo anglosaxón empregado para describir unha muller nova atractiva, que é recoñecida por ter tanto atractivo sexual como unha personalidade especialmente cativadora.[1]

A expresión it girl orixinouse na clase alta británica a comezos do século XX.[2] Gañou máis atención en 1927 coa popularidade da longametraxe “It” de Paramount Pictures, protagonizanda por Clara Bow. No uso máis temperán, unha muller considerábase especialmente como unha “it girl" se alcanzara un alto nivel de popularidade sen teñer que facer alarde da súa sexualidade. Hoxe, o termo é máis comunmente usado para referirse á fama e a beleza. O Oxford English Dictionary distingue entre o uso en inglés xeralmente estadounidense "dunha actriz, modelo, etc que é glamurosa, vivaz, o sexualmente atractiva", e o uso principalmente británico "dunha muller nova, e rica que conseguiu o status de celebridade grazas ao seu estilo de vida socialite". Os termos "it boy" ou "it man" son ás veces usados coa finalidade de describir un home que ten trazos semellantes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. It girl. Consultado o June 19, 2018. 
  2. Etherington-Smith, Meredith & Pilcher, Jeremy. (1986). The 'It' Girls, 241.