Saltar ao contido

Isuma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Isuma
Logotipo
 Instancia de
 Participou en
Implicados
 Fundador/a
Economía e industria
 Industria
Datas
 Fundación / creación
1990 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Participaron en
Localización
 Sede
 País
Identificadores
VIAF136204475 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000107233681 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03cmmx_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: co0080813 Instagram: isumatv Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Isuma (en inuktitut: ᐃᓱᒪ; que quere dicir 'pensar') é un colectivo artístico e a primeira compañía canadense propiedade por inuk nun 75%, cofundada por Zacharias Kunuk, Paul Apak Angilirq e Norman Cohn en Igloolik, Nunavut en 1990. É coñecida internacionalmente polo seu galardoado filme Atanarjuat, o primeiro en ser escrito, dirixido e actuado completamente en lingua inuktitut.[1] Isuma foi escollida como representante do Canadá na Biennale de Venecia de 2019 onde proxectou o filme One Day in the Life of Noah Piugattuk, a primeira presentación de arte inuk no Pavillón do Canadá.[2][3][4]

Isuma céntrase en reunir persoas de diferentes idades, orixes culturais e sistemas de crenzas para apoiar e promover a comunidade indíxena do Canadá a través da televisión, Internet e o cinema.[5] A misión de Isuma é producir medios de comunicación independentes e comunitarios co obxectivo de preservar e mellorar a cultura e a lingua inuit; crear empregos e desenvolvemento económico en Igloolik e Nunavut; e contar historias inuit auténticas a audiencias inuit e non inuit de todo o mundo. Isuma está conectada con Arnait Video Productions.

Produción

[editar | editar a fonte]

IsumaTV conta con máis de 7800 vídeos da comunidade indíxena en 70 linguas. Estes vídeos abranguen varios temas dende unha perspectiva inuk, como cuestións árticas, linguas indíxenas e comunidade global.[6]

Serie Unikaatuatiit (Story Tellers)

[editar | editar a fonte]
  • Qaggiq (Gathering Place, 1989)[11]
  • Nunaqpa (Going Inland, 1991)[12]
  • Saputi (Fish Traps, 1993)[13]

Documentais

[editar | editar a fonte]
  • Alert Bay (1989)
  • Attagutaaluk (Starvation, 1992)
  • Qulliq (Oil Lamp, 1993)
  • Nunavut: Our Land (1994–95), serie de televisión de 13 episodios.
  • Piujuk & Angutautuk (1994)
  • Sanannguarti (Carver, 1995)
  • Nipi (Voice, 1999)
  • Nanugiurutiga (My First Polar Bear, 2000)
  • Ningiura (My Grandmother, 2000)
  • Anaana (Mother, 2001)
  • Ajainaa! (Almost!, 2001)
  • Artcirq (2001)
  • Arviq! (Bowhead!, 2002)
  • Angakkuiit (Shaman Stories, 2003)
  • Kunuk Family Reunion (2004)
  • Unakuluk (Dear little one, 2005)
  • Qallunajatut (Urban Inuk, 2005)
  • Kiviaq vs. Canada (2006)[14][15]
  • Inuit Knowledge and Climate Change (2011)
  • Kivitoo: What They Thought of Us (2018)[4]
  1. Krauss, Clifford (2002-03-30). "Returning Tundra's Rhythm to the Inuit, in Film". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-02-17. 
  2. "Artist collective Isuma to represent Canada at the 2019 Venice Biennale" (en inglés). 2017-12-13. Consultado o 2019-02-17. 
  3. "Artist collective Isuma to represent Canada at the 58th International Art Exhibition — La Biennale di Venezia in 2019". www.gallery.ca (en inglés). Consultado o 2019-02-17. 
  4. 4,0 4,1 "Venice in furs – an Inuit collective at the Biennale". Apollo Magazine (en inglés). 2019-05-08. Consultado o 2019-05-12. 
  5. Frizzell, Sara (16 de decembro de 2017). "'Look how far we've come': Inuit artist collective to represent Canada at Venice Biennale". CBC (en inglés). Consultado o 2019-02-17. 
  6. "About Us". Isuma TV. 
  7. "Atanarjuat". Arquivado dende o orixinal o 2009-04-01. Consultado o 2009-02-10. 
  8. "The Journals of Knud Rasmussen". Arquivado dende o orixinal o 2009-02-15. Consultado o 2009-02-10. 
  9. "Before Tomorrow". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2024. Consultado o 07 de xullo de 2025. 
  10. Exile Arquivado 2009-04-01 en Wayback Machine.
  11. "Qaggiq". Arquivado dende o orixinal o 2009-04-02. Consultado o 2009-02-10. 
  12. "Nunaqpa". Arquivado dende o orixinal o 2009-04-02. Consultado o 2009-02-10. 
  13. "Saputi". Arquivado dende o orixinal o 2009-04-02. Consultado o 2009-02-10. 
  14. "Documentaries". Arquivado dende o orixinal o 2009-04-02. Consultado o 2009-02-10. 
  15. "Nunavut (Our Land) Series". Arquivado dende o orixinal o 2009-04-02. Consultado o 2009-02-10.