Baal Shem Tov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Israel ben Eliecer»)
Infotaula de personaBaal Shem Tov
Nome orixinal(he) הַבַּעַל שֵׁם טוֹב Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(he) יִשְׂרָאֵל בֵּן אֱלִיעֶזֶר Editar o valor em Wikidata
27 de agosto de 1698 Editar o valor em Wikidata
Okopy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de maio de 1760 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Medzhybizh (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMedzhybizh (en) Traducir
Ohel Baal Shem Tov‎ (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesבעש״ט Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeRepública das Dúas Nacións Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoRabino, Xudaísmo xasídico e Cábala Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónrabino , sanador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1724 Editar o valor em Wikidata -
AlumnosJacob Joseph of Polonne (en) Traducir, Ze'ev Wolf Kitzes (en) Traducir, Dov Ber de Mezeritch (pt) Traducir, Menachem Nachum Twersky (en) Traducir, Abraham Gershon of Kitov (en) Traducir, Mojżesz Chaim Efraim z Sudyłkowa, Baruch ben Jehiel of Medzibezh e Pinchas of Koretz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hebrea e Lingua yiddish Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosTsvi (en) Traducir, Adèle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiQ119700536 Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: ab80ba0d-dc99-4599-b2ca-3c848888162d WikiTree: בן_אליעזר-1 Editar o valor em Wikidata

Israel ben Eliezer, nado en Okopy arredor de 1698,[1][2] e finado en Medzhybizh o 22 de maio de 1760, coñecido como Baal Shem Tov (en hebreo: בעל שם טוב, |bɑːl ˈʃɛm ˌtʊv|)[3] ou como BeShT, foi un místico xudeu e curandeiro polaco, coñecido como o fundador do xudaísmo hasídico.[1] "Besht" é o acrónimo de Baal Shem Tov, que significa "Mestre do Nome Divino" ou "con boa reputación".[4]

A escasa información biográfica sobre o Besht ven da tradición oral legada polos seus alumnnos (Jacob Joseph de Polonne e outros) e de relatos lendarios sobre a súa vida e comportamento recompilados en Shivḥei ha-Besht (En eloxio do Ba'al Shem Tov; Kapust e Berdychiv, 1814–15).[5]

Unha doutrina central nas ensinanzas de Baal Shem Tov é a conexión directa co divino, "dvekut", que é infundido a todas as actividades humanas. A oración é de importancia suprema, xunto coa significación mística das letras e palabras hebreas. A súa innovación xace en "motivar os devotos a seguir os seus pensamentos molestos ata as raíces do divino".[6] Os que seguen as súas ensinanzas considérano como descendente da liña davídica que leva a súa ascendencia ata a casa real de David.

Lendas[editar | editar a fonte]

Na tradición hasídica, hai un dito: "Alguén que cre en todas as historias de Baal Shem Tov e os outros místicos e homes santos é un parvo; alguén que mira calquera historia e di Iso non pode ser verdade é un herexe".

Segundo a Enciclopedia Xudaica, o número de lendas que se contan en relación co Baal Shem Tov "distorsionou o seu carácter histórico". Unha antoloxía de lendas sobre el foi compilada por primeira vez por Dov Baer b. Samuel dos Linit, que era o xenro de Alexander Shoḥat, que actuara durante varios anos como o escriba de Besht. A colección copiouse moitas veces e co tempo encheuse de erros. Imprimiuse co título de Shivḥei ha-Besht despois da morte de Dov Baer. Foi publicado por Israel Jaffe, quen reescribiu o primeiro capítulo e eliminou o que el consideraba as distorsións causadas polos copistas.

Esta edición, impresa en Kopys (Kapust) en 1814, contén 230 historias agrupadas por temas, personaxes e motivos comúns. Tamén apareceron dúas edicións en yiddish que difiren notablemente da edición hebrea.

No século XIX, varias coleccións adicionais de lendas sobre Baal Shem Tov e os seus seguidores apareceron en hebreo e en yiddish, algunhas das cales repetiron historias atopadas en Shivḥei ha-Besht e outras contiñan novas historias. Segundo a Enciclopedia Xudía, só algunhas destas historias poden considerarse verdadeiras.

Unha lenda conta que o seu pai, Eliezer, foi capturado durante un ataque, levado dende a súa casa en Valaquia e vendido como escravo dun príncipe. Debido á súa sabedoría, atopou graza co príncipe, quen o entregou ao rei para que fose o seu ministro. Durante unha expedición emprendida polo rei, cando outros consellos fracasaron e todos se desanimaron, aceptouse o consello de Eliezer; o resultado foi unha triunfal batalla de importancia decisiva. Eliezer fíxose xeneral e logo primeiro ministro, e o rei deulle a filla do vicerrei en matrimonio. Porén, tendo en conta o seu deber como xudeu e como xa estaba casado, casou coa princesa só de nome. Despois de ser interrogado durante moito tempo sobre a súa estraña conduta, confesoulle á princesa que era un xudeu, cargouno con agasallos custosos e axudouno a escapar ao seu propio país.

Infancia[editar | editar a fonte]

Exterior da sinagoga de Israel ben Eliezer en Medzhybizh (c. 1915).

A escasa información biográfica coñecida sobre el está tan mesturada coas lendas e os milagres que na maioría dos casos é difícil distinguir cales son os verdadeiros acontecementos históricos. Das numerosas lendas relacionadas co seu nacemento pódese extraer que os seus pais eran pobres, honrados e piadosos. Cando Israel Ben Eliezer quedou orfo, a súa comunidade fíxose cargo del. Na escola distinguiuse só polas súas desaparicións frecuentes, para ser logo sempre atopado nos solitarios bosques que rodean o lugar, gozando con entusiasmo da beleza da natureza. Moitos dos seus discípulos crían que pertencía á Casa de David e á familia de Xesús de Nazaret.

O Besht converteuse en líder do seu propio movemento aos dezaoito anos.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "BA'AL SHEM-ṬOB, ISRAEL B. ELIEZER". 
  2. "Encyclopædia Britannica". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2020. Consultado o 04 de xaneiro de 2020. 
  3. Jones, Daniel (2003) [1917]. Peter Roach; James Hartmann; Jane Setter, eds. English Pronouncing Dictionary. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 3-12-539683-2. 
  4. The Light and Fire of the Baal Shem Tov, Yitzhak Buxbaum. Nova York: Continuum International Publishing Group, 2006. Páx. 409
  5. ENCYCLOPAEDIA JUDAICA, Second Edition, Volume 10, pg 743, Avraham Rubinstein
  6. The brilliance of the Baal Shem Tov now in English, Haaretz.
  7. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]