Ismael González Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsmael González Arias
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua asturiana Editar o valor em Wikidata
Premios

Ismael María González Arias, nado en Oviedo en 1958, é un escritor e xornalista en lingua asturiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomouse en Profesorado de Educación Xeral, mais non chegou a traballar como mestre. Foi vendedor de prensa, camareiro, peón na construción e axudante mineiro. Diplomouse tamén en Xestión de Institucións Artísticas e Culturais, e fixo un máster en mercadotecnia e comunicación multimedia, especialista en Xestión Cultural e Territorio. Presidiu a Asociación Profesional de Xestores Técnicos de Cultura d'Asturies e é director da Casa de Cultura Teodoro Cuesta de Mieres.

Obra[editar | editar a fonte]

En 1988, mentres traballaba na mina, publicou Fálame, fála-y, primeiro manual de aprendizaxe comunicativa da lingua asturiana.

Toda a sçua obra, tanto de ficción como de non ficción, está entrelazada en certo modo, como unha crónica do seu tempo. El cuartu negociu (1993) ten lugar na guerra dos Balcáns, cun personaxe que volve aparecer en El tiempu de Manolo (2005), biografía persoal da década de 1970, marcada pola fin da ditadura en España e pola desaparición do mundo rural. Na novela En busca de Xovellanos (2006), realiza unha incursión na novela histórica, con personaxes españois e estranxeiros que revisan o concepto de España percorrendo o seu territorio tras Gaspar Melchor de Xovellanos, en plena ocupación francesa a comezos do século XIX.

O seu traballo máis valorado pola crítica está relacionado coa música asturiana, tanto como compositor como produtor e crítico musical.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Fálame, fála-y. S. Publicaciones Principáu d’Asturies, 1988.
  • Programación comunicativa sobre un textu clásicu. S. Publicaciones Principáu d’Asturies, 1990.
  • El cuartu negociu, novela S. Publicaciones Principáu d’Asturies, 1992.
  • L’Asturianada. S. Publicaciones Principáu d’Asturies, 1998.
  • Píde-y cuentes a Quirós. Publ. Ámbitu, 2000.
  • Les cuarenta principales. Ayto. Mieres, 2000.
  • Diccionariu de la llingua (y otros órganos sexuales). Publ. Ámbitu, 2001.
  • La boda del añu, novela Ed. Trabe, 2002.
  • Cantares de Llanes. Ayto. Llanes, 2003.
  • L’Asturies Cismontana. Publ. Ámbitu, 2003.
  • Cronoloxía de la Música Asturiana. Publ. Ámbitu, 2004.
  • El tiempu de Manolo, novela Publ. Ámbitu, 2005.
  • En busca de Xovellanos, novela Ed. Trabe, 2006.

Antoloxías[editar | editar a fonte]

  • Los branos de la nuestra vida. Publ. Ámbitu, 2003.
  • Escritores en Llanes. S. Publicaciones Principado de Asturias, 2004.
  • Antoloxía del cuentu eróticu. Publ. Ámbitu, 2004.

Premios[editar | editar a fonte]