Isma Cerro
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 7 de xullo de 1995 Cáceres | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,78 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo esquerdo e dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ismael "Isma" Cerro Sánchez, nado en Cáceres o 7 de xullo de 1995, é un futbolista estremeño que xoga na posición de dianteiro. O seu equipo actual é o Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Real Madrid
[editar | editar a fonte]Tras iniciar a súa formación deportiva no Club Deportivo Diocesano, o 22 de maio de 2012 ingresou nas categorías inferiores do Real Madrid.[1] O seu debut sénior co Real Madrid C tivo lugar o 22 de marzo de 2015, cando foi substituto nun empate 0-0 contra o CF Pozuelo de Alarcón da Terceira División.[2]
Cerro marcou o seu primeiro gol sénior o 12 de abril de 2015, nunha derrota por 1-2 perante o CDA Navalcarnero.[3] O 14 de xullo de 2015 foi cedido por un ano ao Racing de Santander da Segunda División B.[4]
Sporting de Gijón
[editar | editar a fonte]O 21 de xullo de 2016, xa como axente libre, Cerro fichou polo Real Sporting de Gijón B.[5] Para a tempada 2019/20 foi promovido ao Sporting de Gijón da Segunda División cun novo contrato por tres anos.[6]
O debut profesional de Cerro tivo lugar o 18 de outubro de 2018, cando foi o substituto de Pablo Pérez nun partido da Copa do Rei 2018/19 contra o Rayo Majadahonda. O partido finalizou cun empate 1-1 no tempo regular e Cerro anotou o gol deciviso para unha vitoria por 4-3 na rolda de penaltis.[7] O 17 de novembro dese ano, durante os primeiros minutos dun derbi asturiano contra o Real Oviedo, Cerro sufriu unha lesión de xeonllo que o apartaron do deporte durante o resto da tempada.[8]
O 4 de setembro de 2019 regresou ao terreo de xogo nunha vitoria por 2-0 contra o Albacete Balompié.[9] O 27 de outubro anotou o seu primeiro gol profesional nun triunfo por 4-0 perante o Real Zaragoza.[10]
O 30 de xaneiro de 2020, tras xogar só 8 partidos na primeira metade da tempada 2019/20, Cerro foi cedido ao Club Deportivo Badajoz.[11]
Andorra e Guijuelo
[editar | editar a fonte]O 17 de setembro de 2020 anunciose a chegada de Cerro ao Futbol Club Andorra cun contrato até xuño de 2021.[12] O 4 de xaneiro de 2021, tras participar nun único partido co Andorra, Cerro fichou polo Club Deportivo Guijuelo.[13]
Coria e Avilés
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2022, despois de varios meses sen equipo, Cerro fichou polo Club Deportivo Coria da Segunda División RFEF.[14] Co club estremeño anotou 7 goles en 42 partidos. En xullo de 2023 asinou un contrato de dous anos co Real Avilés.[15]
Marino de Luanco e Bergantiños
[editar | editar a fonte]Na tempada 2023/24 pasou a formar parte do Marino de Luanco.[16] En xullo de 2025, tras anotar un total de 8 goles co equipo asturiano, Cerro fichou polo Bergantiños Fútbol Club da Segunda Federación.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Madrid firma a Ismael, del Diocesano, por cuatro años" (en castelán). El Periódico Extremadura. 22 de maio de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ "29ª Jornada – Crónicas: CF Pozuelo de Alarcón 0–0 Real Madrid "C" (Temporada 2014/15)" (en castelán). FutMadrid. 23 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016.
- ↑ "Real Madrid C 1–2 Navalcarnero | El Navalcarnero se lleva los puntos de penalti" (en castelán). El Gol de Madriz. 12 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016.
- ↑ "Ismael Cerro jugará en el Racing este curso cedido por el Real Madrid" (en castelán). Racing de Santander. 14 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 9 de setembro de 2018.
- ↑ "Isma Cerro, refuerzo para el ataque del filial rojiblanco" (en castelán). Sporting de Gijón. 21 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2018.
- ↑ "Los nuevos contratos de Juan, Cris Salvador, Traver y Cerro en el Sporting" (en castelán). La Voz de Asturias. 20 de xuño de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ "Al Sporting le salvan los penaltis" (en castelán). Marca. 18 de outubro de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ "El cacereño Isma Cerro del Sporting pasará por el quirófano el lunes" (en castelán). Hoy. 21 de novembro de 2018. Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ "El sportinguista Isma Cerro vuelve a jugar tras diez meses de lesión" (en castelán). La Vanguardia. 4 de setembro de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ "El Sporting golea y se divierte en El Molinón" (en castelán). El Comercio. 27 de outubro de 2019. Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ "Isma Cerro, cedido al Badajoz" (en castelán). Sporting de Gijón. 30 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Isma Cerro, nou jugador del FC Andorra" (en catalán). FC Andorra. 17 de setembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020.
- ↑ "Isma Cerro refuerza la parcela ofensiva del CD Guijuelo" (en castelán). El Norte de Castilla. 4 de xaneiro de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ "Ex Sporting: Isma Cerro, nuevo fichaje en el mercado español" (en castelán). La Voz de Asturias. 31 de decembro de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ "Isma Cerro refuerza el ataque" (en castelán). Real Avilés CF. 15 de xullo de 2023. Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ Fernández, Jose (1 de xullo de 2024). "Isma Cerro se suma a la plantilla del Marino". Gozón Deportivo (en castelán). Consultado o 29 de marzo de 2026.
- ↑ "Isma Cerro ya viste de rojillo: fichaje de nivel para el Bergantiños FC 🔥⚽". Muchacalidad (en castelán). 29 de marzo de 2026. Consultado o 3 de julio de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Isma Cerro en LaPreferente.com
- Nados en 1995
- Nados en Cáceres
- Futbolistas de Estremadura
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Madrid C
- Xogadores do Sporting de Gijón B
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Sporting de Gijón
- Xogadores do CD Badajoz
- Xogadores do FC Andorra
- Xogadores do CD Guijuelo
- Xogadores do Real Avilés CF
- Xogadores do Marino de Luanco
- Xogadores do Bergantiños FC