Islam Bibi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Islam Bibi
Nacemento1974
Lugar de nacementoKonduz
Falecemento2013
Lugar de falecementoLashkar Gah
Causamatar
NacionalidadeAfganistán
Ocupaciónpolicía
editar datos en Wikidata ]

Islam Bibi (paxto: د اسلام چاچی), nada en 1974 e finada en Lashkar Gah o 4 de xullo de 2013, foi unha muller policía en Afganistán na sede da provincia de Helmand e tamén unha pioneira na loita polo feminismo.[1]

Era a muller policía de máis alto rango no momento da súa morte en Afganistán e dirixiu operacións contra os talibáns. Recibiu numerosas ameazas de morte e foi asasinada o 4 de xullo de 2013.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bibi naceu na provincia de Kunduz en 1974.[3] Era unha refuxiada en Irán cando os talibáns tomaron o control de Afganistán na década de 1990. Regresou a Afganistán en 2001, logo adicouse a coidar a súa familia en casa antes de unirse á policía contra a vontade dos seus familiares .[4] Isto levou ó seu irmán a tentar matala porque quería salvar a honra do apelido.[5][6]

Mulleres policía en Afganistán en 2010.

Bibi uniuse á forza policial en 2003 e rapidamente ascendeu ó posto de subtenente informando directamente ós líderes de CID, o cal foi un logro extraordinario. Ela era a policía de máis alto rango naquel tempo e recibiu moitas ameazas de morte.[4] Liderou un dos maiores escuadrón de mulleres policías de Afganistán que perseguían ós talibáns buscando terroristas suicidas disfrazados con burcas. Foron as primeiras en entrar en calquera casa durante un rexistro nas áreas das mulleres onde non se permite acceder ós policías varóns.[3] Como axentes de policía, cubren as súas caras con panos negros, levan botas grosas e, nalgúns casos, optan por levar uniformes masculinos. Human Rights Watch di que as mulleres policías a miúdo experimentan acoso sexual e abuso verbal por parte dos seus compañeiros masculinos, en parte porque carecen incluso das instalacións básicas. Hai moi poucos baños para mulleres en todas as estacións de policía de Afganistán, e as mulleres que usan os baños dos homes son altamente vulnerables ó acoso.[6]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Bibi recibiu un disparo cando deixaba a súa casa na mañá do 4 de xullo de 2013. Foi atacada mentres conducía unha motocicleta co seu xenro en Lashkar Gah, a capital da provincia de Helmand.[7][8] Bibi resultou ferida e morreu das feridas na sala de emerxencias do hospital. Non se iniciou ningunha investigación para descubrir quen foi o responsábel do tiroteo. Tivo 6 fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Islam Bibi" (en inglés). 2015-04-08. Consultado o 2020-04-03. 
  2. "Inspirational Afghan woman police officer Islam Bibi is shot dead" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2020-04-03. 
  3. 3,0 3,1 "Helmand's top female police officer shot dead" (en inglés). 2013-07-04. ISSN 0307-1235. Consultado o 2020-04-03. 
  4. 4,0 4,1 "Database". 2020-03-08. Archived from the original on 08 de marzo de 2020. Consultado o 2020-04-03. 
  5. "Afghanistan's indifference to murder of top female officer: Islam Bibi – NAOC". 2019-07-27. Archived from the original on 27 de xullo de 2019. Consultado o 2020-04-03. 
  6. 6,0 6,1 "Helmand's top female police officer shot dead" (en inglés). 2013-07-04. ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-04-03. 
  7. "Islam Bibi News, Articles & Images" (en inglés). Consultado o 2020-04-03. 
  8. "Taliban suspected as top Afghan policewoman murdered" (en inglés). Consultado o 2020-04-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]