Isidoro Manuel Martínez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX valor descoñecido |
| Morte | Verín
|
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Isidoro Manuel Martínez, finado en Verín, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Republicano de Verín, era vicepresidente do comité republicano da provincia de Ourense en 1870.[1] Presidente do comité republicano federal do distrito de Verín, foi proclamado candidato a deputado en abril de 1873.[2] Foi elixido deputado polo distrito de Verín nas eleccións de 1873. Como representante dos republicanos federais de Verín saudou o triunfo de Francesc Pi i Margall en 1886.[3]