Isaura Abelairas
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Isaura Abelairas | |
---|---|
Nacemento | 25 de xuño de 1951 |
Taboada | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestra e política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Isaura Abelairas Rodríguez, nada en Taboada o 25 de xuño de 1951,[1] é unha mestra e política galega do PSdG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral de Pontevedra.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Exerceu de mestra e directora do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo. Foi concelleira do concello de Vigo, ocupándose de varias áreas ao longo dos anos, e deputada provincial na Deputación de Pontevedra. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 levou o número dous na lista do PSdG-PSOE pola Circunscrición electoral de Pontevedra,[2] obtendo acta de deputada autonómica.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Abelairas Rodríguez, Mª Isaura". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 10. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isaura Abelairas ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 10. ISBN 84-8064-113-4.