Isadore Singer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isadore Singer
Isadore Singer 1977.jpeg
Isadore Singer en 1977.
Datos persoais
Nacemento24 de abril de 1924, (98 anos)
LugarFlag of the United States.svg Detroit, Estados Unidos
Falecemento11 de febreiro de 2021
LugarBoxborough
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
CampoMatemático e mestre
Alma máterUniversidade de Míchigan
Universidade de Chicago
Director de teseIrving Segal
Contribucións e premios
Coñecido pordesenvolvemento do teorema de Atiyah-Singer
PremiosPremio Abel (2004)
editar datos en Wikidata ]

Isadore Manuel Singer, nado en Detroit o 24 de abril de 1924 e finado o 11 de febreiro de 2021, foi un matemático estadounidense, profesor no departamento de matemáticas no MIT, e coñecido polo seu traballo con Michael Atiyah no desenvolvemento do teorema de Atiyah-Singer sobre índices analíticos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Detroit e diplomouse na Universidade de Míchigan en 1944. Logo de obter o seu doutoramento en 1950 na Universidade de Chicago, dedicouse ao ensino na UCLA e logo no MIT, onde desenvolveu gran parte da súa carreira.

Singer é membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos e da Academia Estadounidense das Artes e as Ciencias.

Entre os principais premios que recibiu cóntanse o Premio Bôcher en 1969, o Premio Leroy Steele no ano 2000, ambos da Sociedade Americana de Matemáticas, a medalla Wigner en 1988, a Medalla Nacional de Ciencia dos Estados Unidos en 1983, o Premio Abel, compartido con Michael Atiyah en 2004, e o premio James Rhyne Killian do MIT en 2005.[1][2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1976 (con J. Thorpe): «Lecture notes on elementary topology and geometry'»', Springer , Undergraduate Texts in Mathematics.
  • Quantum Field Theory, Supersymmetry, and Enumerative Geometry, con Daniel Freed e David Morrison, IAS/Park City Mathematics Series, 2006, ISBN 978-0-8218-3431-2.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]