Saltar ao contido

Isabella Leonarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsabella Leonarda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1620 Editar o valor en Wikidata
Novara, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de febreiro de 1704 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Novara, Italia Editar o valor en Wikidata
Abadesa
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1554216 Musicbrainz: 547419c5-74e8-41e1-b20e-b2e40491bd50 Discogs: 2627277 IMSLP: Category:Leonarda,_Isabella Editar o valor en Wikidata

Isabella Leonarda, nada en Novara o 6 de setembro de 1620 e finada na mesma cidade o 25 de febreiro de 1704, coñecida como La musa di Novara, foi unha relixiosa e compositora italiana do barroco. Pertencía a unha importante familia, o seu pai Ginnantonio Leordani era conde e avogado, e tamén os demais membros da súa familia eran destacados financeiros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Isabella Leonarda, aos 16 anos, entrou como noviza no convento de Santa Úrsula de Novara debido á súa alta situación social, seguindo a tradición.

Estudou con Gasparo Casati, compositor. Estivo no convento toda a súa vida, que dedicou a compoñer obras musicais. Obtivo os títulos de madre superiora en 1686, e de madre vigaira en 1693. Leonarda pensaba que o principio da música era Deus, considerado unha consonancia perfecta e a santísima trindade, a tríade harmónica.

As súas obras son de case tódolos xéneros sacros: motetes e concertos sagrados para unha a catro voces, diálogos sagrados latinos, salmos, responsorios, magnificats, ladaíñas, misas e sonatas da chiesa. A obra máis abundante de Isabella Leonarda foi o motete en solitario, pero a maioría dos seus notables logros veñen das súas sonatas. Foi a primeira muller en publicar sonatas, compoñendo moitas en toda a súa vida, por exemplo, Sonatas 1-11 para dous violín, viola e órgano.

  • Motetes a tres voces,Op. 2 (Milán 1665 perdido)
  • 18 conciertos sacros, (Milán 1670)
  • 11 Misas, (Novara 1674)
  • 12 Motetes, Op. 6 (Venecia 1676)
  • 13 Motetes, (Boloña 1677)
  • 11 Vísperas a capella,Op. 8 (Boloña 1678)
  • 12 Motetes a catro voces,Op. 10 (Milán 1684)
  • 12 Motetes,OP. 11 (Boloña 1684)
  • 14 Motetes para solista,Op. 12 (Novara 1686)
  • 12 Motetes, Op. 13 (Boloña 1687)
  • 10 Motetes, OP. 14 (Boloña 1687)
  • 11 Motetes à voce sola, Op. 15 (Boloña 1690)
  • 12 Sonatas a 1,2,3, e 4 instrumentos,Op. 16 (Boloña 1693)
  • 12 Motetes, Op. 17 (Boloña 1695)
  • 6 Misas, Op. 18 (Boloña 1696)
  • 11 Salmos concertantes, OP. 19 (Boloña 1697)
  • 14 Motetes, Op. 20 (Boloña 1700)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sadie, Julie Anne e Samuel, Rhian (1995). The Norton/Grove Dictionary of Women Composers. W. W. Norton & Company.