Isabella Bird

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabella Bird

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1831 Editar o valor em Wikidata
Boroughbridge (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de outubro de 1904 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Dean (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria, natural science (en) Traducir, Fotografía, viaxe e exploración Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexploradora , xeógrafa , fotógrafa , naturalista , escritora , viaxeira Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

WikiTree: Bird-5896 Find a Grave: 78469741 Editar o valor em Wikidata

Isabella Bird, nada en Boroughbridge o 15 de outubro de 1831 e finada en Edimburgo o 8 de outubro de 1904, -o seu nome de casada era Bishop- foi unha exploradora, escritora, fotógrafa[1] e naturalista[2] inglesa do século XIX.[3][4] Foi a primeira muller en formar parte da Royal Geographical Society.[5][6] Xunto con Fanny Jane Butler fundou o hospital John Bishop Memorial en Srinagar.[7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Familia e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Bird naceu o 15 de outubro de 1831 en Boroughbridge, North Yorkshire,[8] na casa da súa avoa materna. Os seus pais eran o reverendo Edward Bird[9] e a segunda muller deste, Dora Lawson.[10] O seu pai foi o primeiro capelán de Boroughbridge en 1830, e foi alí onde coñeceu á súa muller. Tivo un irmán, Edward, que naceu e morreu en 1833, e unha irmá, Henrietta (alcumada Henny), nada en 1834.[8][11]

En 1832, foi nomeado coadxutor de Maidenhead. E, en 1834, debido á mala saúde de seu pai, a familia trasladouse a Tattenhall, Cheshire.[8][12][13][14] As posicións de Edward Bird sobre o traballo do domingo fixo que a súa congregación diminuíse[15] e, en 1842, pediu ser trasladado a St. Thomas en Birmingham, mais tamén alí tivo problemas e a familia marchou, cando Isabella tiña 16 anos, a Eastbourne en Sussex.[16] Tran un pequeno período alí, de novo, Isabella Bird e a súa familia instaláronse en Wyton, Huntingdonshire (agora Cambridgeshire) en 1848.[13]

En contacto coa natureza, Bird aprendeu a montar en bicicleta e, máis tarde, a remar. A súa educación veu dos seus pais: o pai era un entusiasta botánico que lle ensinou a Bird a coñecer a flora e, a súa nai, ensinou ás fillas unha mestura de temas. Tamén, foi unha ávida lectora.[13]  Non obstante, a súa "intelixencia brillante, [e] unha curiosidade extrema polo mundo exterior, fixeron imposible que o seu cerebro e a súa natureza en xeral se estreitasen e endurecesen pola atmosfera estritamente evanxélica da súa infancia".[14]

A primeira publicación de Isabella, aos 16 anos, foi un folleto sobre a polémica "libre comercio contra proteccionismo", despois do cal continuou escribindo artigos para varias publicacións periódicas.[17]

Enfermidade[editar | editar a fonte]

Dende cativa, Isabella Bird, tiña un delicado estado de saúde que lle facía sufrir fortes dores nas costas e insomnio, o que non lle permitían levar unha vida normal. En 1850, un "tumor fibroso foi eliminado da columna". Bird seguiu a padecer doenzas non especificadas que resultaban en dores e insomnio. Por consello médico, seu pai, intentando mellorar as doenzas da súa filla, fixo que a familia pasase seis veráns en Escocia nun esforzo por mellorar a súa saúde.

Os médicos instáronlle a facer unha viaxe por mar e, en 1854, a vida de Bird mudou comezou cando lle xurdiu a oportunidade de navegar aos Estados Unidos,[18] acompañando aos seus primos segundos á casa familiar; dirixiuse primeiro á Illa do Príncipe Eduardo, Canadá, desde onde continuou ata a cidade de Nova York.

Esta foi a primeira viaxe de Isabella.[3][19] O seu pai "deulle [£]100 e marchou con permiso para estar aló até que se esgotasen os cartos".[13] As "brillantes cartas descritivas"[17] de Bird escritas para a casa formaron a base para o seu primeiro libro de viaxes, An Englishwoman in America (1856),[3] publicado por Murray. John Murray, "ademais de ser o editor de toda a vida de Isabella, ... [converteuse] nun dos seus amigos máis próximos".[20]

Viaxes[editar | editar a fonte]

Isabella vestida con roupa de Manchuria nunha viaxe pola China.

Despois de regresar a casa e vivir a morte dos seus pais, marchou de novo, en 1872, para ir a Melbourne, Australia, e despois ás illas hawaianas (coñecidas en Europa como as illas Sandwich), o que deu lugar ao seu segundo libro (publicado tres anos despois). Mentres, alí escalou o Mauna Kea e a Mauna Loa.

Despois dirixiuse a Colorado, onde oira que o aire era excelente para os enfermos. Vestida dun xeito práctico e montada dacabalo non de lado senón cara a adiante como un home, percorreu máis de 800 quilómetros ata as Montañas Rochosas en 1873. As cartas á súa irmá, impresas por primeira vez na revista The Leisure Hour, foron o cuarto libro de Bird e quizais o máis famoso, A Lady's Life in the Rocky Mountains.[3][21]

Alí coñeceu a Jim Nugent, "Rocky Mountain Jim", e ao que describiría así, nunha carta á súa irmá no inverno de 1873 desde Colorado: "É un home ao que calquera muller podería amar pero co que ningunha muller no seu xuízo casaría . . . É tan adorable e fascinante, pero tan terrible".[22] Nugent semellaba tamén caer cativado por unha muller de mentalidade independente, mais Bird, finalmente, abandonou as Montañas Rochosas e ao seu "querido desesperado". Nugent foi asasinado a tiros menos dun ano despois.[19]

A seguir, interesouse polo Xapón a través de My Circular Notes (1876), de John Francis Campbell, e tras pedir consello a Colin Alexander McVean, un antigo topógrafo do Bureau of Surveys of Japan, en febreiro de 1878, marchou de novo cara Asia: Xapón, China, Corea, Vietnam, Singapur e Malaisia.

Cando a súa irmá morreu de tifo en 1880, Bird aceptou a proposta de matrimonio de John Bishop, un cirurxián de Edimburgo duns trinta anos. Casaron en febreiro de 1881, e máis tarde ese ano recibiron a Real Orde de Kapiolani do rei Kalākaua de Hawai.[10] A saúde de Bird deu problemas, pero máis aló dun período de escarlatina en 1888, recuperouse trala morte de John Bishop en 1886, momento no que herdou unha gran cantidade de diñeiro. Sentindo que as súas viaxes anteriores foran irremediablemente afeccionadas, Bird estudou medicina e decidiu viaxar como misioneira, e malia ter case 60 anos, marchou á India.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Ilustración con dous homes ainu, orixinaria do seu libro de 1880 Unbeaten Tracks in Japan

Chegou ao subcontinente en febreiro de 1889 e visitou varias misións na India: primeiro Ladakh, nas fronteiras do Tíbet, e despois viaxou a Persia, Kurdistán e Turquía. Na India, o maharaxa de Caxemira cedeulle un terreo para construír un hospital con sesenta camas e un dispensario para mulleres; alí traballou con Fanny Jane Butler para fundar o John Bishop Memorial Hospital en memoria do seu marido, que deixara fondos para este fin no seu testamento. Ao ano seguinte uniuse a un grupo de soldados británicos que viaxaban entre Bagdad e Teherán. Permaneceu co comandante da unidade durante o seu traballo de investigación na rexión, armada co seu revólver e unha caixa de primeiros auxilios proporcionada pola compañía de Henry Wellcome en Londres, posiblemente como un exemplo de patrocinio corporativo.

A través de Baluchistán chegou a Persia e Armenia, explorando a fonte do río Karun. Máis tarde, ese ano, pronunciou un discurso nunha sala de comisións da Cámara dos Comúns sobre a persecución dos cristiáns no Kurdistán, no que fixera representacións ante o Gran Visir do Imperio Turco.

Presente en xornais e revistas dende había décadas, Bird xa se convertera nunha muller moi coñecida. En 1890, converteuse na primeira muller en recibir unha bolsa honorífica da Royal Scottish Geographical Society. Dous anos máis tarde, converteuse na primeira muller autorizada a unirse á Royal Geographical Society[18][23] e foi elixida membro da Royal Photographic Society, o 12 de xaneiro de 1897.[18] A súa última gran viaxe tivo lugar en 1897, cando percorreu os ríos Yangtze e Han ata China e Corea, respectivamente e que deu lugar a outro conxunto de fotografías.[24] Máis tarde, marchou a Marrocos, onde viaxou entre os bérberes tendo que usar escadas para subir ao seu semental negro, un agasallo do sultán.

Morte[editar | editar a fonte]

Veneración da tumba de Isabella Bird no Dean Cemetery de Edimburgo (Proxecto Chaos)

Poucos meses despois de regresar dunha viaxe a Marrocos, Bird caeu enferma e morreu na súa casa no número 16 de Melville Street, en Edimburgo,[25] o 7 de outubro de 1904. Foi enterrada coa súa familia no cemiterio de Dean, ao oeste da cidade. A fosa atópase no pequeno tramo curvo sur, preto do pequeno camiño que a divide en dous. Estaba planeando outra viaxe a China no momento da súa morte.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A primeira biografía de Bird foi escrita por Anne M. Stoddart e publicada en 1907.[26]

Caryl Churchill utilizou a Bird como personaxe na súa obra Top Girls (1982).[27] Gran parte dos diálogos escritos por Churchill proceden dos propios escritos de Bird.

Bird ingresou no Salón da Fama das Mulleres de Colorado en 1985.[28]

Bird apareceu en Bedrock: Writers on the Wonders of Geology (2006), editado por Lauret E. Savoy, Eldridge M. Moores e Judith E. Moores (Trinity University Press), no que se analizan os escritos ao longo dos anos e como renden homenaxe á Terra e as súas características xeolóxicas.[29]

Bird é tamén a protagonista do manga Isabella Bird in Wonderland (Fushigi non Kuni non Bird), unha novelización das súas viaxes ao Xapón; recibiu unha edición bilingüe xaponés-inglés a partir de 2018.[30][31][32]

O edificio da torre do reloxo en Tobermory, o muro do porto de Mull foi financiado por Bird en memoria da súa amada irmá Henrietta. Foi deseñado polo alpinista e explorador Edward Whymper.[33]

O val do Yangtzé, por Isabella Bird.

Obras[editar | editar a fonte]

  • The Englishwoman in America (1856)
  • The aspects of religion in the United States of America (1859)
  • Pen and Pencil Sketches Among The Outer Hebrides (publicado en The Leisure Hour) (1866)
  • Notes on Old Edinburgh (1869)
  • The Hawaiian Archipelago (1875)
  • The Two Atlantics (publicado en The Leisure Hour) (1876)
  • Australia Felix: Impressions of Victoria and Melbourne (publicado en The Leisure Hour) (1877)
  • A Lady's Life in the Rocky Mountains (1879)
  • Unbeaten Tracks in Japan (1880) Volume 1
  • Sketches In The Malay Peninsula (publicado en The Leisure Hour) (1883)
  • The Golden Chersonese and the Way Thither (Nova York: G. P. Putnam's Sons, 1883)
  • A Pilgrimage To Sinai (publicado en The Leisure Hour) (1886)
  • Journeys in Persia and Kurdistan (1891) Volume 1
  • Among the Tibetans (1894)
  • Korea and her Neighbours (1898)
  • The Yangtze Valley and Beyond (1899)
  • Chinese Pictures: notes on photographs made in China (Nova York : C. L. Bowman, 1900)
  • Notes on Morocco (publicado en Monthly Review) (1901)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Isabella Bird - John Murray Archive - National Library of Scotland". web.archive.org. 2014-03-17. Archived from the original on 17 de marzo de 2014. Consultado o 2022-07-02. 
  2. Ogilvie, Marilyn Bailey (1986). Women in science : antiquity through the nineteenth century : a biographical dictionary with annotated bibliography. Cambridge, Mass.: MIT Press. ISBN 0-262-15031-X. OCLC 13457002. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Ferrer Valero, Sandra (19 de xaneiro de 2015). "Viajar como terapia, Isabella Bird (1831-1904)". Mujeres en la historia. Consultado o 1 de xullo de 2022. 
  4. "Isabella Bird, una auténtica exploradora y escritora del siglo XIX". Mujeres con ciencia (en castelán). 2022-06-23. Consultado o 2022-06-25. 
  5. «Health Care Institutes - John Bishop Memorial Mission Hospital, Kashmir». Diocese of Amritsar. [Consulta: 21 abril 2015].
  6. "Bishop, Isabella Lucy". Volume 1. 
  7. Sarah, K. (26 de decembro de 2014). "Health Care Institutes. John Bishop Memorial Mission Hospital". amritsardiocesecni.org (en inglés). Archived from the original on 26 de decembro de 2014. Consultado o 4 de xullo de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Stoddart 2011, p. 8
  9. Stoddart 2011, p. 6
  10. 10,0 10,1 Middleton, Dorothy (26 de maio de 2005). "Bishop [née Bird], Isabella Lucy". oxforddnb.com (en inglés). (precisa subscrición). doi:10.1093/ref:odnb/31904. Consultado o 4 de xullo de 2022. 
  11. Stoddart 2011, pp. 8-9
  12. Lucas, Charles Prestwood (1912). Bishop, Isabella Lucy. Dictionary of National Biography. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Stoddart, Anna M, (1906) The Life of Isabella Bird, Mrs Bishop: London, J. Murray OCLC 4138739
  14. 14,0 14,1 "The Life of Isabella Bird". The Spectator (Londres): 6. 26 de xaneiro de 1907. 
  15. Stoddart 2011, p. 11
  16. Stoddart 2011, p. 21
  17. 17,0 17,1 "Mrs Bishop". The Times. Obituaries.(37521): 4. 10 de outubro de 1904
  18. 18,0 18,1 18,2 Pato, Silvia (22 de novembro de 2015). "Isabella Bird: La primera mujer en la Royal Geographical Society". culturamas.es (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2022. 
  19. 19,0 19,1 Lapierre, Alexandra., Alexandra (2008). Grandes aventureras 1850-1950 (en castelán) (1a ed ed.). Barcelona: Art Blume. p. 58-61. ISBN 978-84-9801-162-3. 
  20. McClay, David (17 de marzo de 2014). "Isabella Bird film transcript. Travels with Isabella Bird". nls.uk (en inglés). Archived from the original on 17 de marzo de 2014. Consultado o 4 de xullo de 2022. 
  21. Puig, Iratxe Ruiz de Alegria (2019). "ISABELLA BIRD: UNA MIRADA FEMENINA EN LA CUMBRE". RAUDEM. Revista de Estudios de las Mujeres (en castelán) 7: 111–111. ISSN 2340-9630. doi:10.25115/raudem.v7i0.2860. 
  22. DeVine, Christine (verán 2007). "Isabella Bird and Mountain Jim: Geography and Gender Boundaries in A Lady’s Life in the Rocky Mountains". Nineteenth-Century Gender Studies (en inglés) (3.2). ISSN 1556-7524. Consultado o 5 de xullo de 2022. 
  23. Cabos-Brullé 2020, p. 43
  24. Cabos-Brullé 2020, p. 43
  25. Edinburgh Post Office Directory 1904
  26. Stoddart, Anna M (1906). The life of Isabella Bird, Mrs. Bishop (en English). London: J. Murray. OCLC 4138739. 
  27. "Caryl Churchill". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-07-03. 
  28. Colorado Women's Hall of Fame, Isabella Bird/
  29. Savoy, Lauret E. & Moores, Eldridge M. & Moores, Judith E. 2006. TX: Trinity University Press.
  30. Baker, Bayleigh (22 de xaneiro de 2018). "Isabella Bird in Wonderland Manga Gets Bilingual Edition in Japan". animenewsnetwork.com (en inglés). Consultado o 4 de xullo de 2022. 
  31. Tual, Morgane (13 de outubro de 2017). "« Isabella Bird, femme exploratrice » : une immersion enjouée dans le Japon du XIXe siècle". lemonde.fr (en francés). Consultado o 5 de xullo de 2022. 
  32. Kosmala, Lucie (11 de outubro de 2017). "Isabella Bird, l’exploratrice partie à la rencontre du Japon à l’époque victorienne !". madmoizelle.com (en francés). Consultado o 5 de xulo de 2022. 
  33. Sttodart 1906, p. 395

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]