Saltar ao contido

Isabel de Saint Malo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabel de Saint Malo

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Cidade de Panamá Editar o valor em Wikidata
Vice President of Panama (en) Traducir
1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019
← Juan Carlos VarelaJosé Gabriel Carrizo (pt) Traducir →
Minister of Foreign Affairs (en) Traducir
1 de xullo de 2014 – 1 de xullo de 2019 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePanamá Editar o valor em Wikidata
EducaciónSaint Joseph's University (en) Traducir
Nova Southeastern University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2018Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015 Editar o valor em Wikidata

Isabel de Saint Malo de Alvarado, nada en Cidade de Panamá, Panamá, o 27 de xuño de 1968, é unha diplomática e política panameña. Tralas eleccións presidenciais do 4 de maio de 2014, foi escollida como vicepresidenta dentro da fórmula de Juan Carlos Varela, apoiado polos partidos Panameñista e Popular. Desde o 1 de xullo de 2014 até o 1 de xullo de 2019 foi a Vicepresidenta de Panamá e tamén Ministra de Relacións Exteriores do país.

Vida profesional

[editar | editar a fonte]

En 1989 graduouse de Relacións Internacionais na Universidade de Saint Joseph's en Pensilvania, Estados Unidos e en 1995 obtivo unha mestría en administración de negocios na Nova Southeastern University.

En 1988 traballou como pasante na embaixada de Panamá en Washington, D.C. e en 1989 traballou no Centro para a Democracia na mesma cidade. Desde 1990 até 1992 traballou na Misión Permanente de Panamá nas Nacións Unidas, e entre 1992 e 1994 traballou no Ministerio de Relacións Exteriores como asistente do viceministro e logo como asistente do ministro.

Traballou como parte do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento capítulo de Panamá, entre 1994 e 2008, e en 2006 foi nomeada directora do Consenso Nacional. Desde 2008 traballou como consultora independente.

Polo seu labor foi recoñecida pola Asociación Panameña de Executivos de Empresa (APEDE) como a muller destacada do 2012.[1]

Vida política

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa vida política en xaneiro de 2014, cando o candidato pola alianza panameñista Juan Carlos Varela a nomeou como a súa compañeira de fórmula, a pesar de que non tiña experiencia política e era considerada independente.[2] Logo da vitoria nas eleccións presidenciais de maio de 2014, asumiu a vicepresidencia da República, converténdose na primeira muller no cargo.[3]

  1. Mujer Destacada del año 2012 Arquivado 21 de maio de 2014 en Wayback Machine..La Prensa. 29 de marzo de 2012.
  2. Día a Día (26 de xaneiro de 2014). "¿Conoces a Isabel Saint Malo?". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2014. Consultado o 5 de maio de 2014. 
  3. BBC Mundo (5 de maio de 2014). "Juan Carlos Varela, elegido presidente de Panamá". Consultado o 5 de maio de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]