Isabel Pastoriza Santos
Isabel Pastoriza Santos | |
---|---|
Datos persoais | |
Nacemento | 1974 |
Lugar | Bueu |
Actividade | |
Campo | investigadora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isabel Pastoriza Santos, nada en Bueu en 1974,[1] é unha investigadora e profesora da Universidade de Vigo. En 2011 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”.[2][3] En 2021 foi galardoada co Premio a la Excelencia Investigadora 2021 que outorga a Real Sociedad Española de Química.[4]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Isabel Pastoriza licenciouse en Química na Universidade de Vigo en 1997 onde realizou o doutoramento. Despois de realizar estancias posdoutorais na Universidade de Melbourne, Oklahoma e Viena, incorporouse como Investigadora Parga Pondal no grupo grupo de Química Coloidal do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo. Dende o ano 2009 é profesora no Departamento de Química Física e dende 2012 coordinadora do grupo Química Coloidal.[5]
A súa investigación céntrase principalmente no deseño e fabricación de nanopartículas metálicas para ser empregadas na deteción de biomoléculas e contaminantes ou como catalizadoras na xeración de enerxía.[6] Ten un gran número de publicacións con elevado impacto na comunidade investigadora a nivel internacional.[6]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- En 2011 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”.[3]
- Medalla de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias destacando "a súa capacidade para deseñar e desenvolver importantes proxectos científicos, así como para dirixir a mozos investigadores e participar activamente na xestión da Química en España".[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Wisibilízalas - Isabel Pastoriza Santos". sites.google.com. Consultado o 2021-01-16.
- ↑ Porgaliciabaixo (2019-02-04). "11 de febrero, ‘Día Internacional de la Mujer y la niña en la ciencia’ . Pontevedra". Por GaliciaBaixo (en castelán). Consultado o 2021-01-16.
- ↑ 3,0 3,1 "Cinco españolas reciben las Bolsas de Investigación L´Oréal-UNESCO 'Por las Mujeres en la Ciencia'". www.elmundo.es. Consultado o 2021-01-16.
- ↑ DUVI (2021-05-07). "Isabel Pastoriza, premio á Excelencia da Real Sociedad Española de Química". GCiencia. Consultado o 2021-05-07.
- ↑ Alonso, Mila (2019-02-11). "Isabel Pastoriza: "Dependemos do financiamento español e é ridículo"". GCiencia. Consultado o 2021-01-16.
- ↑ 6,0 6,1 "Isabel Pastoriza: «La Universidad no apuesta por la excelencia; somos un asalariado más» - Rede Galega de Biomateriais" (en castelán). Consultado o 2021-01-16.
- ↑ "A buenense Isabel Pastoriza, Medalla de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-09-29.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mujeres en ciencia e Innovación páxina web FECYT e UMYC