Isabel García Adánez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Isabel García Adánez
Nome completoIsabel García Adánez
Nacemento9 de setembro de 1972
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutora
editar datos en Wikidata ]

Isabel García Adánez, nada en Madrid o 9 de setembro de 1972, é unha destacada tradutora do alemán ao español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Filoloxía Alemá e Española e doutora en Filoloxía Alemá, así como diplomada en Piano e en Teoría musical.

Exerce como profesora do Departamento de Filoloxía Alemá da Universidade Complutense de Madrid.

Traduciu un número importante de autores de expresión xermanófona, fundamentalmente dos séculos XIX e XX, tales como Theodor Fontane, Heinrich Heine, Thomas Mann, Arthur Schnitzler, Joseph Roth ou Klaus Mann.

Traballou así mesmo na tradución de obras dramáticas e cinematográficas, como Good Bye, Lenin! ou Das Testament des Dr. Mabuse.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]