Isabel Blanco (deportista)
Isabel Blanco | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de maio de 1979 |
Lugar de nacemento | Bergen |
Nacionalidade | Noruega |
Ocupación | balonmanista |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isabel Blanco, nada o 10 de maio de 1979 en Bergen (Noruega), é unha xogadora de balonmán norueguesa de ascendencia galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla do futbolista Fernando Blanco Jiménez, que chegou a xogar co Deportivo da Coruña, naceu en Noruega, onde os seus pais estaban instalados. Comezou a xogar ao balonmán nese país, no Kjøkkelvik. Despois fichou polo Vadmyra, polo Nordnes de Bergen, polo Tertnes e finalmente marchou a xogar a España ao Club El Ferrobús Mislata, de Mislata (Valencia)[1]. Logo dunha tempada xogando en España fichou polo Ålborg DH dinamarqués. Na actualidade xoga no Ikast-Brande Elite Håndbold, tamén dinamarqués.
Ten representado a Noruega internacionalmente, e conseguiu coa súa selección a medalla de ouro nos campionatos de Europa de balonmán en 2004[2] e en 2008[3]. Ademais, obtivo medallas de prata nos campionatos dinamarqueses de 2005 e 2008, e unha de bronce en 2006. Foi escollida nese ano tamén pivote do ano da liga dinamarquesa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Christiansen, Anders K. (11/12/2004). "- Vi bør slå Spania". VG (en Norwegian). Consultado o 15 de decembro de 2008.
- ↑ "6th European Handball Championships – Hungary 2004 – Team Norway" Arquivado 18 de xullo de 2011 en Wayback Machine.(consultado por última vez o 25 de febreiro de 2008, ilocalizable en decembro de 2008)
- ↑ Isabel Blanco, una noruega de origen gallego, entre las campeonas de Europa, La Voz de Galicia, 15/12/08 (en castelán)
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabel Blanco ![]() |