Isabel Alba Rico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsabel Alba Rico

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEscritora, guionista e fotógrafa
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosNagua Alba Editar o valor em Wikidata
NaiLolo Rico Editar o valor em Wikidata
IrmánsSantiago Alba Rico Editar o valor em Wikidata

Isabel Alba Rico nada en Madrid o 6 de abril de 1959 é unha escritora, guionista e fotógrafa feminista española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid e desde 1994 reside en San Sebastián.

Foi guionista de radio, cine e televisión, en programas como La bola de cristal ou Barrio Sésamo.[1] Foi membro da Asociación Profesional de Guionistas de Euskal Herría, da que foi presidenta entre 1999 e 2002. En 2012 dirixiu o documental Será feminista o no será.[2]

Impartiu cursos e obradoiros de guión para mozos e aulas de Linguaxe Audiovisual para nenas, nenos e adolescentes.[3]

Xunto á docencia no ámbito audiovisual, dedicouse a actividades artísticas como fotógrafa e escritora. Publicou a súa primeira novela, Baby Spot en 2003.

Premios e honras[editar | editar a fonte]

  • Finalista do Premio Euskadi de Literatura 2012 coa novela La verdadera historia de Matías Bran.[5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Baby Spot (Montesinos, 2003)
  • La verdadera historia de Matías Bran: El recinto de Weiser (Montesinos, 2011 - Piel de Zapa, 2022)
  • 65% agua (Cambalache, 2015)
  • La danza del sol (Acantilado, 2018)
  • La ventana (Acantilado, 2022)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Detrás de la cámara (Anaya, 1999)
  • Detrás de la cámara: cómo narrar en imágenes. Del guion a la película (Montesinos, 2011)[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Isabel Alba - Contrabandos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  2. Render. "Mujer y Memoria. Madres e hijas de la Transición española. Un proyecto de historia oral | bibliografía". Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  3. "Información COMUNIDAD ESCOLAR 634". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  4. "Isabel Alba Rico gana el Premio literarios María de Maeztu | Donostilandia" (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2018. 
  5. "Premios Literarios Euskadi 2012 - HABE - Gobierno Vasco - euskadi.eus". habe.euskadi.eus (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2023. 
  6. "«Para contar historias con imágenes no basta saber manejar una cámara»" (en castelán). 24 de abril de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]