Isabel (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Isabel

Parte do elenco de actores da serie xunto ó director e guionista no pase especial do último capítulo da segunda tempada.
FormatoDrama histórico
Dirixido porJordi Frades
IntérpretesMichelle Jenner
Rodolfo Sancho
Pablo Derqui
Bárbara Lennie
Pedro Casablanc
País de orixeEspaña España
Lingua(s)Castelán
Temporadas3
Episodios39
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Jaume Banacolocha
Duración70 min aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeLa 1
Primeiro episodio10 de setembro de 2012
Derradeiro episodioactualidade
Na rede
http://www.rtve.es/television/isabel-la-catolica/
IMDB: tt2011533 Filmaffinity: 574391 Allocine: 9786 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Isabel é unha serie de televisión española de carácter histórico estreada o 10 de setembro de 2012, ambientada na vida da raíña Isabel I de Castela, que abarca desde a súa infancia ata a súa coroación, pasando polas guerras civís polo trono de Castela, o seu matrimonio con Fernando de Aragón e as intrigas diplomáticas na convulsa Europa de finais do século XV.

Está producida por Diagonal TV para Televisión Española e a súa primeira e polo momento única tempada, de trece episodios, comezou a rodarse no verán de 2011.[1][2] Varias cadeas de televisión europeas e americanas xa mostraron o seu interese en comprar os seus dereitos.

A serie debería ser estreada o luns 30 de xaneiro de 2012, como anunciou a cadea, tras o final de tempada de Águila Roja, con todo, debido á crise vivida por RTVE tras o recorte de 200 millóns no seu orzamento, segundo anunciou o Goberno en xaneiro, polo que a súa emisión pospúxose a oito meses logo do esperado.[3]

O 22 de novembro de 2012, Televisión Española e Diagonal TV anunciaron a renovación da serie para unha segunda tempada que se empezará a rodar en febreiro do 2013 e comezarase a emitir no mes de setembro dese mesmo ano.[4]

Argumento[editar | editar a fonte]

A serie está baseada na vida da raíña Isabel a Católica, abarcando desde 1461 a 1474 e narra parte da súa nenez, o seu matrimonio con Fernando o Católico e o seu duro camiño cara ao trono de Castela.[5]

A segunda tempada acollerá a guerra civil polo trono entre os partidarios de Isabel e os de Xoana a Beltranexa, así como a toma de Granada e as viaxes de Cristovo Colón cara ás Indias.

Escenarios[editar | editar a fonte]

Para a segunda tempada o equipo tivo facilidades á hora de rodar nos lugares históricos reais onde transcorreron os feitos. O caso máis significativo foi o da Alhambra, en cuxos exteriores puideron gravar co obxectivo de dar máis realismo aos decorados nos que recrearan os seus interiores.[6] Ademais, nunha segunda visita puideron rodar a entrada dos Reis Católicos no Patio dos Leóns e a última escena da tempada no Partal.[7] Ademais de na Alhambra, en Granada puideron recrear tamén a expulsión dos xudeus na Carreira do Darro[8] e o funeral de Muley Hacén en Serra Nevada.[9] Así mesmo, para a terceira tempada graváronse escenas en Oropesa, El Escorial, La Adrada, Plasencia, Méntrida, Montalbán e Toledo. A catedral desta última cidade foi de nova testemuña da proclamación como herdeiros de Xoana a tola e Filipe o fermoso.[10]

Elenco[editar | editar a fonte]

O elenco da serie está encabezado por Michelle Jenner, que desempeña o papel protagonista de Isabel ao longo das tres tempadas. O outro actor principal de toda a serie completa é Rodolfo Sancho, que representa ao rei Fernando.[11] Na primeira tempada teñen papeis protagonistas Pablo Derqui, como Henrique IV de Castela; Ginés García Millán, como Juan Pacheco marqués de Villena, e Pedro Casablanc, como o arcebispo Carrillo.

Capítulos e audiencias[editar | editar a fonte]

Tempada 1: 2012[editar | editar a fonte]

Capítulo Título orixinal Data de emisión Audiencia
Tempada 1
1 "Isabel, la reina" 10 de setembro de 20123 529 000 (20,1%)
2 "Campanas de boda" 17 de setembro de 20123 736 000 (20,2%)
3 "La nogociación" 24 de setembro de 20123 881 000 (20,3%)
4 "Tragedia en la corte" 1 de outubro de 20123 361 000 (16,1%)
5 "El pacto de Guisando" 8 de outubro de 20123 378 000 (16,9%)
6 "La figura del rey" 15 de outubro de 20123 801 000 (18,3%)
7 "La reina puesta" 22 de outubro de 20123 952 000 (18,9%)
8 "Nueva guerra" 29 de outubro de 20124 278 000 (20,7%)
9 "Boda real" 5 de novembro de 20124 626 000 (22,0%)
10 "Nacimiento" 12 de novembro de 20124 503 000 (21,3%)
11 "El principio del fin" 19 de novembro de 20124 299 000 (20,4%)
12 "Elecciones" 26 de novembro de 20124 342 000 (20,3%)
13 "La nueva reina" 3 de novembro de 20124 651 000 (22,6%)

Tempada 2: 2013[editar | editar a fonte]

Capítulo Título orixinal Data de emisión Audiencia
Tempada 2
14 "Desencuentros" 9 de setembro de 20133 561 000 (19,2%)
15 "Lazos" 16 de setembro de 20133 508 000 (18,3%)
16 "La paz para Castilla" 23 de setembro de 20133 632 000 (18,9%)
17 "Lealtad y deber" 30 de setembro de 20133 743 000 (19,1%)
18 "El poder de una reina" 7 de outubro de 20133 758 000 (19,5%)
19 "Sultán" 14 de outubro de 20133 710 000 (18,5%)
20 "Tiempos de Inquisición" 21 de outubro de 20133 023 000 (14,8%)
21 "Herederos de sangre" 28 de outubro de 20132 987 000 (14,6%)
22 "Lo más liviano" 4 de novembro de 20132 997 000 (14,6%)
23 "Pacta con el diablo" 11 de novembro de 20133 042 000 (14,8%)
24 "Abolengo" 18 de novembro de 20133 254 000 (15,9%)
25 "El último reino en Granada" 25 de novembro de 20132 946 000 (13,9%)
26 "Lo que no supiste defender como hombre" 2 de decembro de 20133 398 000 (16,3%)

Tempada 3: 2014[editar | editar a fonte]

Capítulo Título orixinal Data de emisión Audiencia
Tempada 3
27 "La fragilidad del reino" 8 de setembro de 20142 937 000 (17,6%)
28 "Gobernar con mano dura" 15 de setembro de 20142 767 000 (15,5%)
29 "Nacidos para gobernar" 22 de setembro de 20142 898 000 (15,4%)
30 "Atracción fatal" 29 de setembro de 20142 950 000 (15,9%)
31 "El drama llega a la corte" 6 de outubro de 20142 994 000 (15,8%)
32 "Reina de toda la península" 13 de outubro de 20143 068 000 (15,0%)
33 "Muere la princesa de Asturias" 20 de outubro de 20143 178 000 (16,4%)
34 "A Isabel le supera la tragedia" 27 de outubro de 20143 096 000 (16,6%)
35 "Felipe y Juana llegan a sus reinos" 3 de novembro de 20143 282 000 (16,5%)
36 "Isabel y Fernando o Juana y Felipe" 10 de novembro de 20143 264 000 (16,2%)
37 "La llamaban Juana la loca" 17 de novembro de 20143 213 000 (16,2%)
38 "¿Conservarán el legado de Isabel?" 24 de novembro de 20143 347 000 (16,8%)
39 "La muerte de Isabel" 1 de decembro de 20143 835 000 (19,4%)

Especiais 2014[editar | editar a fonte]

Capítulo Título orixinal Data de emisión Audiencia
Especiais
1 "Isabel, cómo se hizo" 1 de decembro de 20142 327 000 (17,3%)
2 "Resumen de la serie" 8 de decembro de 20141 696 000 (10,0%)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]