Isaac Abravanel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsaac Abravanel

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(he) רבי יצחק בן יהודה אברבנאל Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1437 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1508 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Venecia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPadua Editar o valor em Wikidata
Ministro de Economía
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , rabino , banqueiro , teólogo , empresario , poeta , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua hebrea, lingua portuguesa, lingua castelá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalIsaac Abohab (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosJudá Abravanel (pt) Traducir, Samuele Abarbanel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Isaac Abravanel ou Abarbanel (hebreo: יצחק בן יהודה אברבנאל Isaac ben Yehuda de Abravanel) nado en Lisboa en 1437 e finado en Venecia en 1508, foi un teólogo, comentarista bíblico e empresario xudeu que estivo ao servizo dos reis de Portugal, Castela e Nápoles, así como da República de Venecia. Foi o pai do coñecido filósofo León Hebreo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus antepasados pertencían a unha destacada familia de xudeus de Sevilla, que emigrou a Portugal tras as persecucións de 1391. O seu avó, Samuel Abravanel, fora tesoureiro dos reis Henrique II e Xoán I de Castela.

Isaac foi tesoureiro do rei de Portugal, Afonso V, pero en 1483 fuxiu a Castela debido á represión lanzada polo novo rei, Xoán II, contra a Casa de Bragança, coa que Abravanel estaba relacionado.[1] Instalouse primeiro en Plasencia e posteriormente en Alcalá de Henares e Guadalaxara. Foi axente probado, comercial e financeiro, dos reis Isabel e Fernando, aos que prestou importantes sumas para financiar a guerra de Granada. Na facenda castelá relacionouse co tamén xudeu Abraham Senior, o seu protector, do que se fixo íntimo amigo. asociándose aos seus negocios e ocupando o cargo de factor maior.[2][3] Ambos tamén realizaron xestións, inicialmente infrutuosas, a favor do proxecto de expedición transatlántica de Cristovo Colón.[4]

Ao contrario que Senior, negouse a converterse cando o edicto de Granada (31 de marzo de 1492) dispuxo a expulsión dos xudeus de España, que ambos tentaran inutilmente evitar utilizando a súa influencia sobre os Reis. Obrigado a saír de España, aínda que conservando a súa fortuna, instalouse no reino de Nápoles, onde estivo ao servizo do rei Ferrante e do seu sucesor, Afonso II.[5] Cando o reino foi invadido por Carlos VIII de Francia (1495), Abravanel debeu exiliarse a Sicilia co rei Afonso II. Posteriormente residiu en Corfú, na cidade de Monopoli, no norte de África, e por último en Venecia, onde faleceu en 1508.

Segundo a carta do pintor Leonid Pasternak, pai de Borís Pasternak, ao poeta Jaim Najman Biálik escrita en 1923, os Pasternak descendían de Isaac Abravanel.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dos nuevos documentos para el conocimiento de la intervención de Luis de Santángel en el descubrimiento de las Yndias" (8). ISSN 0328-0284. 
  2. Jewish Encyclopedia
  3. "mundohistoria.org". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 19 de novembro de 2018. 
  4. Daniel Mesa Los judíos en el Descubrimiento de América.
  5. Fernando e Isabel se mostraron xenerosos: compensaron ás débedas que aínda tiña co Fisco aceptando como pago as obrigacións dos debedores cristiáns; sumaban unhas e outras máis dun millón de marabedís. Ademais recibiu a autorización especial para sacar ata mil ducados en ouro e xoias polo porto de Valencia. (Luis Suárez Fernández, La expulsión de los judíos, reproducido en vallenajerilla.com).
  6. "Л.С. Флейшман. «К публикации письма Л.О. Пастернака к Бялику». (Lázar Fleishman. Acerca de la publicación de la carta de L.O.Pasternak a Biálik.) SlavicaHierosolymitana, Vol. I (1977), p. 311-316." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de novembro de 2016. Consultado o 19 de novembro de 2018. 
  7. "Копельман, Зоя. «Письма Л. О. Пастернака X. Н. Бялику». (Zoya Kopelman. Cartas de L.O.Pasternak a J.N.Biálik.) STANFORD SLAVIC STUDIES. Vol. 20 (1999)". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]