Isaac Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Isaac Ángel Otero Rodríguez»)
Infotaula de personaIsaac Otero
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Isaac Ángel Otero Rodríguez, nado en Vigo o 16 de xaneiro de 1949, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Filosofía e Letras pola mesma universidade coa tese La poesía de José Hierro (1972), foi profesor de Lingua e Literatura Española. Colaborou en Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo na Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela autoeditada. Recibiu o Premio Quiñones de León (1967), o I Premio Periodístico y Radiodifusión da Feira do Salmón da Estrada por "O vello e o río" (1978) e o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1981).

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O sorriso de Gardel, 1988 (Premio Blanco Amor 1987).
  • Vuelo sonoro, 1990.
  • Marisma pacífica, 1991.
  • Reloxo de sol, 1992.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Oración do náufrago, 1991.
  • La Rosa de Susana, 2011.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • El elegido, 1992.
  • A luz do tempo, 1994.
  • El cóndor de los Andes, 1996.
  • A la memoria de un ángel, 2000.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Mi hermano Casto Méndez Núñez, 1997.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Presencia de Rosalía, 1975.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]