Irwin Allen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Irwin Allen
Nacemento12 de xuño de 1916
 Nova York
Falecemento2 de novembro de 1991
 Santa Monica
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoMount Sinai Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióndirector de cine, director de televisión, produtor de cine e guionista
CónxuxeSheila Matthews Allen
PremiosOscar ó mellor documental
editar datos en Wikidata ]

Irwin Allen, nado o 12 de xuño de 1916 en Nova York e finado o 2 de novembro de 1991 en Santa Monica (California), foi un produtor e director de cine e televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na década de 1950 e a comezos da seguinte Allen produciu filmes como Dangerous Mission (1954), The Animal World (1956), The Story of Mankind (1957), The Big Circus (1959), The Lost World (1960), Voyage to the Bottom of the Sea (1961) e Five Weeks in a Balloon (1962). Na década de 1960, Allen mudouse á televisión e foi responsable de series como Voyage to the Bottom of the Sea (1964–1968), Lost in Space (1965–1968), The Time Tunnel (1966–1967), Land of the Giants (1968–1970), The Swiss Family Robinson (1975–1976), Code Red (1981–1982). Nos anos 70, Allen volveu ao cine, asociándose o seu nome co xénero de catástrofes, producindo filmes como The Poseidon Adventure (1972) e The Towering Inferno (1974), filmes que tamén codirixiu, tamén levou o xénero á televisión, con telefilmes como Flood! (1976), Fire! (1977), Hanging by a Thread (1978) e en 1979 The Night the Bridge Fell Down e Cave In!. Para o cine dirixiu e produciu The Swarm (1978) e mais Beyond the Poseidon Adventure (1979) e produciu When Time Ran Out (1980).

A finais de 1970 e comezos de 1980 traballou esporadicamente en televisión, coa miniserie The Return of Captain Nemo/The Amazing Captain Nemo (1978) ou o telefilme en dúas partes Alice in Wonderland (1985).