Saltar ao contido

Iris Duquesne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIris Duquesne
Biografía
Nacemento22 de abril de 2003 Editar o valor em Wikidata (21 anos)
Bordeos, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista climática Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Iris Duquesne é unha activista climática francesa orixinaria de Bordeos.[1] O luns 23 de setembro de 2019 presentou unha denuncia contra Francia, Alemaña, Arxentina, Brasil e Turquía.[2] Xunto con outros quince rapaces de todo o mundo, incluída Greta Thunberg, denunciou a inacción dos líderes sobre o plan climático como unha infracción da convención da ONU sobre os dereitos do neno.[3][4][5][6][7][8]

Uniuse en California a "Heirs to our Oceans", unha ONG para a conservación dos océanos que reúne a decenas de miles de mozos.[1] Doutra banda, Iris Duquesne presta atención á reciclaxe.

Durante moito tempo díxose que os adultos teñen cousas que ensinar ós nenos. É hora de decatarnos de que tamén temos cousas que ensinar ós adultos.[9]

Representante de Sorry Children en EE. UU. desde decembro de 2019 ata xuño de 2020.[10]