Irene del Valle de la Sen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Irene del Valle de la Sen
Nome completoIrene La Sen
Nacemento1984
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, arquitecta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Irene del Valle de la Sen, nada en Barcelona en 1984, tamén coñecida como Irene la Sen, é unha poeta e música española. Estudou arquitectura e arquitectura técnica, especializandose en multimedia e 3D. Reside en Palma de Mallorca, onde codirixiu o Poetry Slam Mallorca durante varios anos e fundou Poetry Slam España xunto con outros poetas de España como Annalisa Marí Pegrum.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa dedicación como poeta e música levárona ao panorama nacional e internacional a través de festivais de artes, música e literatura como o ARTmoda 2007 e 2008 (Mallorca), o Ping! 2007 e 2008 (Mallorca), os European Poetry Slam Day´s 2009 (Berlín), Cosmopoética 2010 (Córdoba), Sos Estrella Levante 2010 (Murcia), Semana de Poesía 2010, 2011 e 2012 (Barcelona), kósmopolis 2011 (Barcelona), Sziget 2010 (Budapest), Inverso 2010 (Madrid), o acto de presentación internacional da Anilla Cultural Latiniamérica-Europa no CCCB de Barcelona, Poestry Slam de Luxe 2011 (Hamburgo), FÁCYL 2011 (Salamanca), Llunes d´Es Baluard 2012 (Mallorca), La Casa Encendida 2012 (Madrid) e encontro de Arquitecturas Colectivas 2013 e o Festival Expluart, ambos en Vigo.[2]

Publicou dous discos de poesía experimental, "Los Métodos" con Jazznoise, e o libro disco "ElectriCal",[3] no que recita poemas sobre clásicos da música electrónica. Tamén se recolleron algúns dos seus poemas na antoloxía El Último Jueves e a revista La Bolsa de Pipas. É un expoñente da poesía e das formas de expresión poéticas, o que a levou a participar como relatora e a realizar talleres no Instituto de Estudos Baleares de Palma, Mesa de Jóvenes Mujeres Poetas (Universidade de Barcelona) e en LABoral Centro de Arte de Xixón. Expuxo no Centro de Arte La Real e a Factoría de Avilés.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Irene la Sen". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2017. Consultado o 26 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "about Irene La Sen". www.irenelasen.com (en inglés). Consultado o 2017-03-22. 
  3. "CAL VIVA, by Irene La Sen".