Irene Villa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Irene Villa
Irene Villa.JPG
Nome completoIrene Villa González
Nacemento21 de novembro de 1978
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidad Europea de Madrid
Ocupaciónxornalista e esgrimista
Cónxuxesen etiquetar
PremiosAntena de Oro
editar datos en Wikidata ]

Irene Villa González, nada en Madrid o 21 de novembro de 1978 é unha esquiadora paralímpica, xornalista e escritora española. Cando tiña doce anos sufriu un grave atentado de ETA canda súa nai. Como resultado da detonación dunha bomba perdeu as dúas pernas, amais de tres dedos da man esquerda. Ata 2007 foi delegada en Madrid da Asociación de Vítimas do Terrorismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla da funcionaria da Dirección Xeral da Policía María Jesús González, e de Luis Alfonso Villa, o 17 de outubro de 1991 padeceu un grave atentado de ETA con coche bomba na rúa Camarena do madrileño barrio de Aluche. Quedou sen as pernas e de tres dedos dunha man por mor do estourido dunha bomba apegada no vehículo no que, coa súa nai, ía camiño do colexio.[1] Súa nai perdeu unha perna e un brazo.

Segundo fontes policiais, ETA pretendía matar un inspector de policía destinado na comisaría do distrito dos Cármenes, relacionado sentimentalmente coa nai de Irene[2]. Nese día, ETA asasinou con outra bomba lapa ao tenente do Exército de Terra Francisco Carballar; pola tarde, mutilou gravemente ao comandante de infantería Rafael Villalobos. Os etarras acusados do seu atentado foron José Javier Arizkuren Ruiz, Kantauri, e Soledad Iparraguirre, Anboto.[3]

Licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade Europea de Madrid, e realizou tamén cursos de psicoloxía e humanidades[4]. En 2004 publicou o seu primeiro libro, "Saber que se puede", no que amosa a súa experiencia e diversas reflexións. É columnista de prensa e colabora en distintas emisoras de radio, como no programa La Linterna da COPE, que dirixe e presenta Juan Pablo Colmenarejo. En 2012 gañou a Antena de Oro polo seu traballo na cadea de televisión 13tv.[5]

Manifestou en reiteradas ocasións a súa oposición a calquera negociación con ETA e co proceso que abrira o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.[6]

Actividade deportiva[editar | editar a fonte]

Irene Villa é esquiadora alpina paralímpica clasificada como LW12-2, e forma parte da Fundación También, unha dos oito membros orixinais[7][8]. Este equipo foi o primeiro feminino de esquí alpino adaptado en España.[9], como membro deste equipo, adestra con Teresa Silva, Esther Peris, Mariluz del Río, Sandra Cavallé, Nathalie Carpanedo e Alberto Ávila. Villa gañou varios ouros en competicións españolas, e en 2011 converteuse en campioa da Copa España na modalidade en cadeira[10][11]. En marzo de 2013 fíxose co campionato de de España de slálom e co subcampionato de España en súper xigante e slálom xigante.[12]

Libros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]