Irena Creed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIrena Creed
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Toronto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , hidróloga (pt) Traducir , ecoloxista , activista climática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toronto Scarborough (pt) Traducir (2021–)
Universidade de Saskatchewan (pt) Traducir (2017–)
Universidade de Western Ontario (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios

Irena Creed é unha profesora de bioloxía canadense e directora executiva da Escola de Medio Ambiente e Sostibilidade da Universidade de Saskatchewan.[1][2] Creed estuda os impactos do cambio climático global nas funcións e servizos do ecosistema, centrándose especificamente na hidroloxía das concas de auga doce.[3] É unha das expertas mundiais máis destacadas no campo dos recursos hídricos, e dirixe varios proxectos de investigación como o secuestro de carbono e nutrientes das zonas húmidas.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creed realizou os seus estudos universitarios na Universidade de Toronto, onde se graduou con honras na Licenciatura en Ciencias da Zooloxía, na especialización de Botánica. Logo estudou un máster en Ciencias da Botánica e Ciencias Ambientais, e finalmente, obtivo un doutoramento en Xeografía. Creed converteuse en bolseira postdoutoral na Universidade de Alberta, onde estudou estratexias de xestión forestal e os seus impactos nos ecosistemas circundantes.

De 1998 a 2017, Creed foi profesora nos departamentos de Bioloxía e Xeografía da Western University.[5] A partir dese momento, converteuse na directora executiva da Escola de Medio Ambiente e Sostibilidade da Universidade de Saskatchewan.[2] Creed segue sendo profesora adxunta na Western University e tamén dá clases na Universidade de Guelph e no Instituto da auga, Medio Ambiente e Saúde da Universidade de Nacións Unidas.[6][7]

A investigación de Creed baséase na saúde planetaria, tanto local como global. Especificamente, enfócase na hidroloxía e os impactos da auga nos ecosistemas circundantes. O seu traballo céntrase en involucrar máis á auga nas discusións sobre o manexo forestal, e analiza o papel da auga nos ecosistemas terrestres e nos acuáticos, centrándose especificamente nas concas do río Saskatchewan, dos Grandes Lagos e do río San Lourenzo.[8] Por todo iso, dirixiu unha colaboración sen precedentes chamada o Proxecto de Futuros dos Grandes Lagos, levada a cabo entre investigadores dos Estados Unidos e o Canadá. O proxecto foi unha avaliación interdisciplinar das futuras prácticas de xestión na área dos Grandes Lagos.[9]

Creed tamén traballa a escala global e participou en múltiples informes internacionais sobre o cambio climático, incluído un para a Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos, outro para o Panel Global de Expertos Forestais e a Unión Internacional de Organizacións de Investigación Forestal.[10]

Contribucións[editar | editar a fonte]

Creed estudou os efectos hidrolóxicos do ciclo de nutrientes nos ecosistemas forestais. Utilizando unha metodoloxía e estatísticas únicas, Creed e o seu equipo descubriron a variación da deposición de nutrientes nas concas e a súa liberación á atmosfera. Esta información era descoñecida polos científicos, concretamente o feito de que as tormentas de verán provocan a liberación de nitróxeno á atmosfera, o que explica por que as concas a miúdo carecen de nitróxeno nos meses desta época do ano.[11][12] Creed compartiu este traballo tanto con outros científicos como cos responsables políticos que traballan no manexo forestal.

Tamén tivo un impacto significativo na rexión dos Grandes Lagos co seu traballo na xestión de riscos, que combina ciencia e política.[13] Este traballo utilizou as ferramentas da Organización Internacional para a Normalización (ISO, polas súas siglas en inglés) para comprender mellor os riscos asociados coa extracción de recursos naturais na rexión. Creed tamén utilizou ferramentas ISO noutros traballos para acceder ao risco nas técnicas de xestión de ecosistemas nun clima cambiante.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Universidade de Saskatchewan (ed.). "Irena Creed PhD, FRSC Professor, School of Environment and Sustainability". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 5 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 31 de xullo, Saskatoon StarPhoenix Updated; 2017 (31 de xullo de 2017). "Irena Creed to lead School of Environment and Sustainability at U of S | Saskatoon StarPhoenix". Consultado o 7 de maio de 2019.
  3. News, Carl Meyer en (12 de xullo de 2018). "Dozens of scientists from over 20 countries explain how mining, logging and fossil fuels disrupt the water on earth" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  4. "Irena Creed, Honorary Doctor of Agricultural Science" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  5. Western University (ed.). "Irena Creed, PhD". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de maio de 2021. 
  6. "Graduate Faculty Appointments March 2019"[Ligazón morta]. 2019.
  7. "UNU-INWEH Team". UNU-INWEH. 2019-03-04. Consultado o 14 de maio de 2019.
  8. "Pay more attention to forests to avert global water crisis, researchers urge". Mongabay Environmental News. 2018-07-16. Consultado o 7 de maio de 2019.
  9. "Protecting and restoring the Great Lakes". ScienceDaily. Consultado o 7 de maio de 2019.
  10. Cohen MJ, Creed IF, Alexander L, Basu NB, Calhoun AJ, Craft C, D'Amico E, DeKeyser E, Fowler L, Golden HE, Jawitz JW, Kalla P, Kirkman LK, Lane CR, Lang M, Leibowitz SG, Lewis DB, Marton J, McLaughlin DL, Mushet DM, Raanan-Kiperwas H, Rains MC, Smith L, Walls SC (febreiro de 2016). "Do geographically isolated wetlands influence landscape functions?". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America. 113 (8): 1978–1986. doi:10.1073/pnas.1512650113. PMC 4776504. PMID 26858425.
  11. Creed IF, Band LE, Foster NW, Morrison IK, Nicolson JA, Semkin RS, Jeffries DS (1996-11-01). "Regulation of Nitrate‐N Release from Temperate Forests: A Test of the N Flushing Hypothesis". Water Resources Research. 32 (11): 3337–3354. doi:10.1029/96WR02399. ISSN 1944-7973.
  12. Creed IF, Band LE (1998). "Export of nitrogen from catchments within a temperate forest: Evidence for a unifying mechanism regulated by variable source area dynamics". Water Resources Research. 34 (11): 3105–3120. doi:10.1029/98WR01924.
  13. Creed IF, Taylor WD, Sibley P, Gaden M, Luzadis V, Bunting-Howart K, eds. (2015). "The Great Lakes Futures Project: Using Scenario Analysis to Develop a Sustainable Socio-ecologic Vision for the Great Lakes-St. Lawrence River Basin". Journal of Great Lakes Research. 41 (Supplement 1): 1–198. doi:10.1016/j.jglr.2014.12.017.
  14. "Assessing the ecological sustainability of a forest management system using the ISO Bowtie Risk Management Assessment Tool | Request PDF". ResearchGate. Consultado o 14 de maio de 2019.