Iphigenia (filme)
| Iphigenia | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||||
|
Cor
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||||
|
Guionista
| |||||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||||
|
Actores
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||||
|
Baseado en
| |||||||||||
|
Inspirado na obra de
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Iphigenia (en grego: Ιφιγένεια) é un filme grego de 1977 dirixido por Michael Cacoyannis e baseado no mito grego de Ifixenia, a filla de Agamenón e Clitemnestra, a cal ten que ser sacrificada para aplacar a ira da deusa Artemisa. Cacoyannis adaptou o filme, o terceiro na súa triloxía de "traxedia grega" (despois de Electra en 1962 e Troades en 1971), a partir da obra de Eurípides Ifixenia en Áulide. O filme está protagonizado por Tatiana Papamoschou como Ifixenia, Kostas Kazakos como Agamenón e Irene Papas como Clitemnestra. A banda sonora foi composta por Mikis Theodorakis.
Iphigenia foi nomeado ao Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 50ª edición dos premios.[1] Tamén estivo nomeado á Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1977.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Irene Papas como Clitemnestra
- Tatiana Papamoschou como Ifixenia
- Kostas Kazakos como Agamenón
- Costas Carras como Menelao
- Christos Tsagas como Ulises
- Panos Mihalopoulos como Aquiles
- Dimitri Aronis como Calcas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The 50th Academy Awards (1978) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 2012-06-16.
- ↑ "Festival de Cannes: Iphigenia". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2012. Consultado o 2009-05-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Grecia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 50ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Iphigenia na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)