Inés Francisca de Zúñiga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVII |
Morte | 1710 |
Outro | |
Título | Condado de Monterrei (1653–1710) |
Cónxuxe | Juan Domingo Méndez de Haro y Fernández de Córdoba |
Pais | Fernando de Fonseca e Isabel de Zúñiga Fonseca |
Inés Francisca de Zúñiga foi unha nobre galega da Casa de Zúñiga, VII condesa de Monterrei. Foi tamén IV condesa de Ayala, IV condesa de Fuentes de Valdeperro, II marquesa de Tarazona e baronesa de Maldeghein.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois da morte sen descendeincia do seu tío Manuel de Zúñiga Acevedo, VI conde de Monterrei, o título acabou recaendo nela ao ser a única pretendente adulta cunha reclamación sólida ao título.[1]
Casou en 1657 con Juan Domínguez de Haro, fillo do valido de Filipe IV Luis Méndez de Haro y Guzmán. Acompañou o seu marido en Bruxelas entre 1670 e 1675 mentres este foi gobernador dos Países Baixos españois. Despois da morte do rei Carlos II, mostraron o seu apoio ao pretendente dos Habsburgo, o arquiduque Carlos.
Inés Francisca morreu sen descendencia en 1710, durante a Guerra de Sucesión Española. O condado de Monterrei e os seus outros títulos pasaron entón a súa sobriña política, Catalina de Haro y Enríquez, esposa de Francisco Álvarez de Toledo Silva, X duque de Alba.
Predecesor: Manuel de Zúñiga Acevedo |
Condesa de Monterrei 1653 - 1710 |
Sucesor: Catalina de Haro Guzmán |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Cuerva 2018, p. 127-128.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Cuerva, Rubén (2018). La herencia del crédito. La marquesa de Tarazona y el legado de Don Baltasar de Zúñiga (PDF).