Investigación cualitativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mestre de pé fronte ao alumnado de aproximadamente 10 a 14 anos, sentado, falando e lendo nunha aula
Escola de 1848. Albert Anker (1896). A investigación cualitativa utilízase en numerosos contextos como a educación.

A investigación cualitativa é o método científico de observación para recompilar datos non numéricos.[1] Adóitanse determinar ou considerar técnicas cualitativas todas aquelas distintas ao experimento[2] como as entrevistas, os grupos de discusión e a observación. A investigación cualitativa recolle os discursos completos dos suxeitos para proceder logo á súa interpretación, analizando as relacións de significado que se producen en determinada época, cultura ou ideoloxía. É usada principalmente en ciencias sociais. Tamén se empezou a empregar no campo educativo de maneira significativa.[3]

A investigación cualitativa baséase en "estudos de caso, experiencias persoais, introspección, historias de vida, entrevistas, artefactos e textos e producións culturais, xunto con textos observacionais, históricos, interactivos e visuais".[4] A investigación cualitativa non insiste na representativa mostra dos seus resultados. Adquire validez externa a través de diversas estratexias, entre elas o traballo de campo, a triangulación de resultados ou a adopción de representativo estrutural: incluír na mostra a membros dos principais elementos da estrutura social en torno ao fenómeno de estudo.[5][6]

É metodológicamente un enfoque interpretativo, naturalista cara ao seu obxecto de estudo. Isto significa comprender a realidade no seu contexto natural e cotián, tentando interpretar os fenómenos de acordo cos significados que lle outorgan as persoas implicadas. Coa investigación cualitativa, obtéñense datos descritivos: as propias palabras das persoas, faladas ou escritas, e a conduta observábel.

Cabe sinalar que ao realizar investigacións con perspectiva cualitativa, non se adoita expor hipótese a priori, por tanto o investigador desenvolve supostos de orientación ao longo do estudo cualitativo para a problemática tratada; a investigación con enfoque cualitativo, ao usar a indución tenta dar resposta á pregunta e obxectivos do proxecto investigador[7]

Historia[editar | editar a fonte]

Nalgúns campos, como a antropoloxía, os métodos foron desde os seus inicios cualitativos. Mentres, noutros ámbitos tivo lugar un desenvolvemento conflitivo, sobre todo a partir da década de 1960. De feito, a xeralización da enquisa en socioloxía e o experimento en psicoloxía non culminaron até os anos 1950. Empezouse a falar de investigación cualitativa en parte como reacción á chegada de ambos os métodos gnomónicos. En Estados Unidos as respostas partiron desde correntes como a fenomenoloxía, a hermenéutica, ou o interaccionismo simbólico. Respecto de Europa, foi decisivo o peso da psicanálise e o marxismo, coa súa herdeira a teoría crítica, e o desenvolvemento do estruturalismo nado da obra de Ferdinand de Saussure.

Tipos de investigación cualitativa[editar | editar a fonte]

Existen algunhas formas específicas de investigación cualitativa. Entre elas atópanse:

Análise do discurso[editar | editar a fonte]

Miniatura de Esopo nas Crónicas de Núremberg
Miniatura de Esopo nas Crónicas de Núremberg. Cada tipo de discurso - como por exemplo as fábulas - varía pola súa finalidade e forma.

A análise do discurso é unha práctica interpretativa e unha disciplina que, aínda que xurdiu na Lingüística, constitúe un campo académico interdisciplinario. As investigacións desta disciplina, preocupadas por entender a linguaxe en uso, estudan sistematicamente o discurso escrito, oral e audiovisual. A análise do discurso desenvolveuse en diferentes países desde diferentes perspectivas, tales como a Escola Francesa, a análise crítica do discurso, a análise feminista crítica do discurso, a análise multimodal, e a análise da conversación, entre outras. Todas estas disciplinas agrúpanse no vasto campo dos estudos do discurso.

Entrevista[editar | editar a fonte]

Xornalista entrevistando a unha muller nun estudio de radio
As entrevistas poden ser estructuradas, semiestructuradas ou non estructuradas.

Unha entrevista é unha conversación na que se fan preguntas para obter información. O entrevistador faille preguntas ao entrevistado, establecendo unha serie alterna de preguntas e respostas. Indo de maior a menor grao de rixidez prefixado, as entrevistas poden ser estruturadas, semiestruturadas ou non estruturadas de modo que o proceso goce de máis o menos flexibilidade para o seu desenvolvemento. Os grupos focais ou grupos de discusión permiten o debate entre un grupo de persoas analizando a conversación resultante entre os participantes. Na investigación fenomenolóxica ou etnográfica, as entrevistas utilízanse para descubrir os significados dos temas centrais no mundo da vida dos suxeitos desde o seu propio punto de vista.

Etnografía[editar | editar a fonte]

Bronisław Malinowski cuns habitantes das illas Trobriand. O seu traballo de campo baseouse na observación e na comunicación.
A etnografía (do grego ethnos (έθνος) - "tribo, pobo", grapho (γράφειν) - "eu escribo"; literalmente "descrición dos pobos") é un método de investigación da antropoloxía. Consiste na compilación de datos no terreo e tendo como informantes aos integrantes dunha comunidade dada. Os datos recolleitos consisten na descrición pormenorizada dos seus costumes, crenzas, mitos, xenealoxías, historia etc. Dita información obtense maiormente por medio de longas entrevistas con membros da comunidade ou informantes claves delas.

Grupo focal ou grupo de discusión[editar | editar a fonte]

O grupo focal ou grupo de enfoque (focus group en inglés) é unha técnica cualitativa de estudo das opinións, experiencias, expectativas ou actitudes dun grupo que se utiliza en ciencias sociais e en estudos comerciais. Nalgúns casos, úsase indistintamente a grupo de discusión (discussion group en inglés) e a entrevista grupal (group interview en inglés); noutros casos establéncese matices nas finalidades e metodoloxías de desenvolvemento.

Observación participante[editar | editar a fonte]

Grupos de turistas visitando ruínas en Bari (Italia).
A observación participante das actividades humanas é habitual en moitas ciencias.

A observación participante é unha técnica de recolección de datos amplamente utilizada en moitas disciplinas (etnografía, socioloxía, estudos de comunicación, ciencia política, xeografía humana, psicoloxía social, educación, entre outras). Porén, a antropoloxía social e cultural construíu a súa identidade disciplinaria arredor dela converténdoa na súa principal técnica de recolección de datos. O seu obxectivo é coñecer estreitamente un determinado grupo de persoas (relixioso, ocupacional, cultural ou unha comunidade particular) e as súas prácticas a través dunha participación na vida cotiá no seu contorno cultural, xeralmente ao longo dun tempo determinado. Esta técnica colleu especial interese a partir do traballo de campo do antropólogo británico Bronisław Malinowski nas Illas Trobriand.

Técnicas proyectivas[editar | editar a fonte]

As técnicas poden usarse para incitar de forma indirecta aos participantes a proxectar as súas motivacións, crenzas, actitudes ou sentimentos subxacentes con respecto aos temas de interese. Ao interpretar a conduta doutras persoas, os participantes proxectan de maneira indirecta as súas propias motivacións, crenzas, actitudes ou sentimentos na situación. Entre as técnicas proyectivas máis comúns están:

  • Asociación: Técnica proxectiva na que se presenta un estímulo ao participante e se lle pide que responda o primeiro que lle veña á mente.
  • Construción: Técnica na que os participantes deben construír unha resposta en forma de historia, diálogo ou descrición.
  • Expresión: Técnica na que se presenta ao participante unha situación verbal ou visual, e se lle pide que relacione os sentimentos e as actitudes doutras persoas coa situación.
  • Complementación: Pídeselle aos participantes que complementen unha situación de estímulo incompleta.

Principais características da investigación cualitativa[editar | editar a fonte]

De acordo a Rodríguez Gómez et al. (1996), as principais características da investigación cualitativa son:[8]

Cuestións de investigación Método Fontes Técnicas / Instrumentos Outras fontes de datos Principais referencias
Cuestións de significado: explicitar a esencia das experiencias dos actores Fenomenología Filosofía (Fenomenoloxía) Gravación de conversacións, escrita de anécdotas de experiencias persoais Literatura fenomenolóxica, reflexións filosóficas, poesía, arte Heshusius 1986; Mélich 1994; van Manen 1984, 1990.
Cuestións descritivas / interpretativas: valores, ideas, prácticas dos grupos culturais Etnografía Antropoloxía (cultura) Entrevista non estruturada; observación participante; notas de campo Documentos, rexistros, fotografía, mapas, xenealoxías, diagramas de redes sociais Erickson 1975; Mehan 1978; 1980; García Jiménez 1991; Fetterman 1989; Grant e Fine 1992; Hammersley e Atkinson 1992; Spradley 1979.
Cuestións de proceso: experiencia ao longo do tempo ou cambios con posíbeis etapas e fases Teoría Fundamentada Sociología (interaccionismo simbólico) Entrevistas (gravadas) Observación participante; memorias; diarios Glaser 1978; 1992; Glaser e Strauss 1967; Strauss 1987; Strauss e Corbin 1990.
Cuestións centradas na interacción verbal e o diálogo Etnometodología; análise do discurso Semiótica Diálogo (rexistro en son e vídeo) Observación; notas de campo Atkinson 1992; Benson e Hughes 1983; Cicourel et al. 1974; Coulon 1995, Denzin 1970, 1989 ; Heritage 1984; Rogers 1983.
Cuestións de mellora e cambio social Investigación-Acción Teoría Crítica Miscelánea Varios Kemmis 19990; Elliot 1991.
Cuestións subxectivas Biografía Antropoloxía; Sociología Entrevista Documentos, rexistros, diarios Goodson 1985, 1992; Zabalza 1991.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Babbie, Earl R. The basics of social research (en inglés) (Sixth edition ed.). ISBN 978-1-133-59414-7. OCLC 824081715. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  2. Ibáñez, Jesús (1992). Román, ed. Las ciencias sociales en España: Historia inmediata, críticas y perspectivas (HTML) (en castelán). Universidad Complutense de Madrid. p. 135. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  3. Bolívar Botía, Antonio (00/2002). ""¿De nobis ipsis silemus?": Epistemología de la investigación biográfico-narrativa en educación" (en castelán) 4 (1): 01–26. ISSN 1607-4041. Consultado o 2022-05-17. 
  4. Denzin, Norman K.; Lincoln, Yvonna S. (2005). The SAGE handbook of qualitative research (en inglés) (3rd ed ed.). Sage Publications. ISBN 0-7619-2757-3. OCLC 56921579. Consultado o 22 de marzo de 2020. 
  5. Valles Martínez, Miguel S. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social (en castelán). Síntesis. ISBN 8477384495. 
  6. Ibáñez, Jesús (1979). Mas allá de la sociología. El grupo de discusión: teoría y crítica. (en castelán). Siglo XXI de España. ISBN 8432303518. 
  7. Tamayo y Tamayo, Mario (1999). Serie aprender a investigar: modulo 2 la investigación (en castelán). ICFES. 
  8. Rodríguez Gómez, G.; Gil Flores, J.; García Jiménez, E. (1996). Metodología de la Investigación Cualitativa (en castelán). Aljibe. pp. 39–41. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]