Inveraray
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Escocia | |||
Concello | Argyll and Bute | |||
Poboación | ||||
Poboación | 560 (2016) | |||
Creación | 1745 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 01499 | |||
Páxina web | inveraray-argyll.com |
Inveraray (Inbhir Aora en gaélico escocés) é unha vila e antigo burgo real en Argyll e Bute, Escocia. A súa poboación era de 576 habitantes en 1999.
Localización
[editar | editar a fonte]Atópase na ribeira oeste do Loch Fyne, preto da súa cabeza e sobre a estrada A83 que une Tarbet con Campbeltown. Foi fundada polo Duque de Argyll en 1745, a partir da súa pousada, o castelo de Inveraray.
É un importante e pequeno lugar turístico da costa occidental de Escocia: as súas características casas brancas á ribeira do mar aparecen en todas as fotografías e é un popular destino, onde se pode visitar, ademais do castelo, o cárcere de Inveraray (un edificio de arquitectura xurxiá que agora está convertido en museo, o Museo de Cultura Tradicional de Argyll (en Auchindrain), a igrexa neoclásica que estaba divididada en dúas metades (unha para gaélico-falantes e outra para inglés-falantes) ou a cruz céltica de Inveraray. No seu porto está atracado o Arctic Penguin un antigo barco que é agora museo marítimo.
En Inveraray é moi popular o xinti, un deporte de equipo mestura de fútbol e hóquei, e o equipo local gañou o campionato escocés en 2004. O dramaturgo Alan Bennet pasou por Inveraray para cear e contou a súa experiencia no libro autobiográfico Historias sen contar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Descrición e historia da vilaArquivado 12 de marzo de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)