International Ultraviolet Explorer
| International Ultraviolet Explorer (IUE) / Explorer 57 | |
|---|---|
International Ultraviolet Explorer (IUE) | |
| Tipo | Observatorio espacial |
| Organización | NASA/ESA/SERC |
| Satélite de | Terra |
| Data de lanzamento | 26 de xaneiro de 1978[1][2][3] |
| Foguete portador | Delta 2914[2][4][5] |
| Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][6] |
| Obxectivo da misión | Observación astronómica no ultravioleta.[2][6] |
| NSSDC ID | 1978-012A |
| Masa | 669 kg[2][4] |
| Potencia | 424 vatios[2] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 42.224,8 km[1] |
| Inclinación | 43,8 graos[1] |
| Apoapse | 42.144,0 km[1] |
| Periapse | 29.563,6 km[1] |
International Ultraviolet Explorer, tamén coñecido polo seu acrónimo IUE e como Explorer 57, foi un observatorio espacial froito da colaboración entre a NASA, a ESA e o SERC (o Consello de Investigación de Ciencia e Enxeñería) lanzado o 26 de xaneiro de 1978 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral.[2][4][5]
Características
[editar | editar a fonte]IUE adicouse a facer observacións astronómicas espectrográficas no rango do ultravioleta, no rango de lonxitudes de onda entre 1150 e 3250 ángstroms, para o cal levaba como único instrumento a bordo un telescopio de 45 cm de diámetro.[2][4]
O satélite deseñouse e lanzouse mediante colaboración internacional: o Centro Goddard de Voo Espacial (GFSC) proporcionou o satélite e a instrumentación óptica; o SERC as cámaras de televisión usadas como detectores; e a ESA as células solares e un centro de control. Durante a misión, dous terzos do tempo de observación eran dirixidos desde o centro de control do GFSC e un terzo desde o centro de control europeo.[2][4]
Tras varias extensións da misión, o IUE foi apagado definitivamente ás 18:42 UTC do 30 de setembro de 1996.[2][4]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]O único instrumento do IUE era un telescopio Ritchey-Chretien de 45 cm de apertura que dirixía a luz cara a un espectrógrafo que usaba cámaras vidicon como detectores. O espectrógrafo cubría o rango de lonxitudes de onda de 1150 a 3250 Å e podía funcionar a baixa (6 Å) ou alta (0,1 Å) resolución. A altas resolucións podía observar obxectos de ata magnitude 12, mentres que a baixa resolución podía observar obxectos máis débiles, ata magnitude 17, con tempos de observación de varias horas.[2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IUE" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2012.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 NASA (4 de novembro de 2011). "IUE" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 5 May 1978 from the Permanent Representative of the United States addressed to the Secretary-General" (PDF) (78-11246). 15 de maio de 1978: 4. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- 1 2 3 4 5 6 7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IUE" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2012.
- 1 2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Delta-2914" (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2012.
- 1 2 Mark Wade (2011). "IUE" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: International Ultraviolet Explorer |