Saltar ao contido

Intermediate eXperimental Vehicle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Intermediate eXperimental Vehicle
Imaxe
 Instancia de
Características
 Procesador
LEON (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fonte de enerxía
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
11 de febreiro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de saída
Códigos e identificadores
Freebase/m/0c0rwq Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: esa_ixv Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Intermediate eXperimental Vehicle ou IXV é un vehículo experimental de tipo corpo sustentador da Axencia Espacial Europea.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

IXV é unha nave experimental para probar tecnoloxías asociadas á reentrada atmosférica. Ten forma de corpo sustentador de 5 m de longo, 1,5 m de alto e 2,2 m de ancho, maximizando o volume interno para acoller experimentos e sensores. Entre as tecnoloxías que tiñan que ser validadas por IXV estaban:[1][2][3]

  • Aeotermodinámica: validación do deseño de IXV e as ferramentas usadas para construílo e deseñalo, así como validación dos modelos de reentrada e comportamento dos gases arredor do vehículo a velocidades hipersónicas.
  • Guiado de navegación e control: mellora dos algoritmos de guiado, acoplamento entre medidas de navegación intercial e GPS, estudar a combinación de flaps e propulsores para o control de voo, estudar os problemas de guiado e control na fase de voo hipersónico durante a reentrada.
  • Protección térmica e estruturas quentes: validación do rendemento de voo en canto aos materiais de protección térmica e solucións de deseño complexo, como xuntas de expansión, selos, etc.

IXV foi lanzado a bordo dun foguete Vega o 11 de febreiro de 2015 desde o Centro Espacial de Kourou, na Güiana Francesa, amarando no océano Pacífico, onde foi recuperado.[1][2][3]

Un modelo de IXV cos flotadores para recuperalo do océano.
  1. 1 2 3 Mark Wade (2023). "IXV" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2023.
  2. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "IXV" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2023.
  3. 1 2 3 ESA, ed. (2023). "Intermediate eXperimental Vehicle" (en inglés). Consultado o 17 de maio de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]