Un Core i7-940, que emprega un zócolo(socket)LGA de 1.366 contactos.
Intel Core i7 é unha familia de procesadores de catro núcleos con arquitectura x86-64 fabricada por Intel. Os seus primeiros modelos foron lanzados o mercado en 2008. É a evolución da familia de procesadores Intel Core 2.
Emprega QuickPath Interconnect (QPI) para conectarse con chipset da placa nai. Isto supón a desaparición do tradicional Front-Side Bus (FSB) e a adopción dunha solución punto a punto similar o Hypertransport de AMD.