Intel 8085
| Intel 8085 | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
O Intel 8085 é un microprocesador de 8 bits lanzado por Intel en marzo de 1976.[1] Como sucesor do Intel 8080, era compatible con el en formato binario, pero integraba un xerador de reloxo (Intel 8224) e un controlador de bus (Intel 8228), ademais de presentar unha xestión de interrupcións máis robusta. O «5» do seu nome referíase ao feito de que o procesador só requiría unha tensión de funcionamento de 5 volts. No mercado, o Intel 8085 competía co Zilog Z80, lanzado no mesmo ano, que tamén era retrocompatible en termos binarios co Intel 8080. O chip utilizouse en varios ordenadores con CP/M, en cursos de formación profesional en electrónica, así como microcontroladores en máquinas de escribir, osciloscopios e mesmo no rover Sojourner de Mars Pathfinder.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Intel Microprocessor Quick Reference Guide - Year". www.intel.com (en inglés).
- ↑ "Description of the Rover Sojourner". mars.jpl.nasa.gov (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Shirriff, Ken (xullo de 2013). "Reverse-engineering the 8085's ALU and its hidden registers" (en inglés).
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |