Saltar ao contido

Instituto Nacional de la Vivienda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Instituto Nacional de la Vivienda
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
1939 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1980 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Fontes e ligazóns
VIAF136920178 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121657034 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX160119
Wikidata C:Commons
Placa do INV no barrio madrileño de Canillejas

O Instituto Nacional de la Vivienda (INV) foi un organismo español creado durante a ditadura franquista o 19 de abril de 1939 e suprimido en 1980 co obxectivo de fomentar a vivenda e asegurar o uso da mesma. Durante a súa existencia construíronse millóns de vivendas protexidas.[1]

Durante a súa existencia pasou por diferentes ministerios, como o Ministerio de Acción e Organización Sindical ou o de Traballo. Na década de 1950 pasou a pertencer ao novo Ministerio de Vivenda.

O instituto, sempre baixo a tutela do Ministerio de Mariña e Defensa, foi instrumentalizado polo réxime para, mediante as vivendas adxudicadas, encher zonas conflitivas con policías e militares.[2][3]

Placa nun edificio de Santiago de Compostela construído pola Delegación Nacional de Sindicatos en 1955

O INV, creado por Pedro González-Bueno y Bocos no seo do Ministerio de Acción e Organización Sindical, tiña unha personalidade xurídica propia e autónoma para administrar o seu patrimonio. Anos máis tarde pasou a pertencer á Organización Sindical, despois ao Ministerio de Traballo e por último ao Ministerio de Vivenda cando se creou en 1957.[1]

Nos seus primeiros anos de existencia estivo baixo a dirección do pamplonés Federico Mayo Gayarre, enxeñeiro de minas nomeado capitán de Enxeñeiros durante a guerra civil. Ocupou o cargo de director xeral do INV até a súa morte en 1954.

Algunhas das tarefas máis importantes que realizaba eran:

  • Impor sancións.
  • Ditar ordenanzas de construcións protexidas e aprobar e cualificar os seus proxectos de construción.
  • Vixiar o uso e bo aproveitamento das vivendas.
  • Inspeccionar os proxectos aprobados.
  1. 1 2 Esteban Maluenda, Ana María (2009). "La vivienda social española en la década de los 50: Un paseo por los poblados dirigidos de Madrid". VPOR2 Revista de vivienda, Cuadernos de Notas (en castelán) (Madrid): 18–23. ISSN 1885-0766.
  2. Cebrian Calvo, Joan (10 de febreiro de 2022). "L’Instituto Nacional de la Vivienda, la dictadura en girar la cantonada". El Jardí (en catalán). Consultado o 22 de agosto de 2025.
  3. Candela Ochotorena, José (8 de abril de 2023). "El plan sindical de Vivienda "Francisco Franco" de 1954". Nueva Tribuna (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2025.