Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′26″N 8°21′29″O / 43.34057798649, -8.3579904633985

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Coruña

Vista da facultade
Universidade: Universidade da Coruña
Localización: Oleiros
Campus:
Enderezo: Avda. Ernesto Che Guevara 121
Ano de fundación: 2004
Decano:
Docentes:
Estudantes:
Teléfono:
Correo electrónico:
Páxina web: https://inefg.udc.es/index.php/gl/

A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física é unha das facultades da Universidade da Coruña. Creouse o 1 de xaneiro de 2004 como consecuencia da integración na UDC do antigo Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEF Galicia), que creara pola Xunta de Galicia en 1986 e comezara a súa actividade docente no curso 1987-1988.

Ten a súa sede en Pazos (Liáns) e Bastiagueiro (Perillo), no concello de Oleiros.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

A principios da década de 1980 considerouse a conveniencia de constituír o Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEF Galicia) tomando como modelo o de Madrid, que fora creado en 1961. Dependía, naquel tempo, da Delegación Nacional de Educación Física e Deportes.[2] A través da Lei de Cultura Física e do Deporte de 1980 estableceuse a equivalencia dos títulos outorgados polo INEF aos de natureza universitaria: Licenciado e Diplomado. Mediante Orde de 22 de xullo de 1982 o centro se adscribe á Universidade Politécnica de Madrid de forma provisional. Máis especificamente, o Real Decreto 1670/1993, de 24 de setembro, eleva a oficial o título universitario de Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Mediante o Real Decreto 155/1998, do 14 de setembro de 199, o INEF converteuse en Facultade, que quedou definitivamente adscrita á UPM.[3]

Con estes precedentes, o INEF Galicia foi creado pola Xunta de Galicia mediante o Decreto de 30 de outubro de 1986, comezando a funcionar o ano seguinte como centro de educación superior para formar profesores de educación física e do deporte, para a educación, a saúde e a calidade de vida dos cidadáns de Galicia. Nese momento tan só existían 5 centros en España; en 2018 había máis de 40 universidades que ofertan esta formación.

O INEF de Galicia creouse no concello de Oleiros. Desenvolveuse rapidamente, incrementando progresivamente a súa capacidades humanas e materiais.[Cómpre referencia]

Por Decreto da Xunta de Galicia, o 1 de xaneiro de 2004 o INEF Galicia integrouse na Universidade da Coruña, como Facultade propia, pasando a denominarse Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física.[4]

Desenvolve basicamente as súas actividades en Galicia, de onde recibe principalmente ao seu alumnado (o 77 %), aínda que tamén se incorporan estudantes doutras comunidades de España (20 %) ou do estranxeiro (3 %).[Cómpre referencia]

Instalacións[editar | editar a fonte]

Contiguos ao edificio central da Facultade encóntrase o ximnasio e o Judo Club UDC e, en fronte, ao outro lado da estrada AC-173, a pista de atletismo.[1]

Titulacións impartidas[editar | editar a fonte]

As titulacións impartidas en 2018 na facultade eran:[Cómpre referencia]

  • Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (en extinción).
  • Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (implantada no curso 2009-2010).
  • Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)

Departamentos da UDC con representación na Facultade[editar | editar a fonte]

Os departamentos cos que conta a Facultade son:[Cómpre referencia]

  • Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
  • Ciencias da Saúde
  • Computación
  • Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
  • Economía
  • Educación Física e Deportiva (departamento con sede na Facultade)
  • Empresa
  • Física e Ciencias da Terra
  • Matemáticas
  • Pedagoxía e Didáctica
  • Psicoloxía
  • Socioloxía e Ciencias da Comunicación

Equipo de goberno[editar | editar a fonte]

O Equipo do goberno da Facultade está formado por:[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Campus de Bastiagueiro. Universidade da Coruña.
  2. Facultad de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte. "Historia del INEF". Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  3. Facultad de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte. "Proceso de Integración en la UPM". Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  4. Decreto 444/2003, do 18 de decembro, de traspaso do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEFG) á Universidade da Coruña. DOG Núm. 249 do 24 de decembro de 2003.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]