Saltar ao contido

Institute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Institute
 Instancia de
 Xénero
 Composto por
 Selo discográfico
Datas
 Inicio de actividade
2004 Editar o valor en Wikidata
 Data de fundación
2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
 País de orixe
Identificadores
VIAF153967885 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000106587234 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: nm2029468 MySpace: institute Last fm: Institute Musicbrainz: 202d588f-f92b-49f3-b04a-8adb3d02d6b4 Songkick: 476807 Discogs: 360655 Allmusic: mn0000341554 Genius: Institute Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Institute foi unha banda de rock alternativo creada polo líder de Bush, Gavin Rossdale. O único álbum da banda, Distort Yourself, foi editado o 13 de setembro de 2005.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Institute formouse no ano 2004 durante un período de hiato de Bush, a outra banda do cantante Gavin Rossdale. Rossdale formou Institute con Chris Traynor, que tocara a guitarra na última xira de Bush e que pertence tamén á banda Helmet, despois de que o grupo musical Bush acordase tomarse un respiro despois do seu último traballo, Golden State. A formación completouse co baixista Cache Tolman (de Rival Schools fame) e o batería Josh Freese. Freese só estivo durante un tempo, durante a gravación do álbum de debut, Distort Yourself. Rossdale posteriormente invitou a Charlie Walker (coñecido polo seu traballo coas bandas de Nova York Split Lip and Chamberlain) para substituír a Freese e completar a banda.

Despois de asinar coa Interscope Records (Interscope editou os tres primeiros álbums de Bush), Rossdale comezou a traballar en Distort Yourself co produtor e líder de Helmet, Page Hamilton. Rossdale elixiu a Hamilton para producir o álbum debut da banda porque sabía que lle podía proporcionar o son de guitarra que buscaba. A pesar de non ser coñecido por producir baladas de rock, Hamilton tamén traballou ben as canción máis lentas de Rossdale, como "Ambulances", coa colaboración da muller de Gavin, Gwen Stefani, cantante de No Doubt.

Distort Yourself foi editado o 13 de setembro do 2005 a través da Interscope Records e debutou no número 81 da Billboard Top 200 Album Charts vendendo 12.000 copias a primeira semana. O primeiro sinxelo, "Bullet Proof Skin", está incluído na banda sonora da película Stealth e no videoxogo NHL 2006.

Institute tocou numerosas cancións de Bush en directo, incluíndo "Machinehead", "Speed Kills (The People That We Love)", "Swallowed", "Comedown" e "Glycerine".

A finais do 2005, Institute foi o abreconcertos de varios concertos da xira Vertigo de U2. Dende o 2006 non se volveron reunir e Gavin Rossdale ten pensado facer un álbum en solitario.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]