Inocencio XIII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Inocencio XIII, papa
InnocientXIII.jpg
Nome completoMichelangelo Conti
Nacemento13 de maio de 1655
 Poli
Falecemento7 de marzo de 1724
 Roma
SoterradoVatican Grotto
NacionalidadeItalia
Relixióncatolicismo
Alma máterPontificia Universidade Gregoriana
Ocupacióndiplomático, clérigo e sacerdote católico
IrmánsBernardo Maria Conti
Períodoentre o 8 de maio de 1721 e o 7 de marzo do 1724
Coñecido/a porser o papa n° 244 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
editar datos en Wikidata ]

Michelangelo Conti (* Poli, preto de Palestrina, Estados Pontificios, 13 de maio de 1655 - † Roma, 7 de marzo de 1724). foi elixido papa o 8 de maio de 1721 baixo o nome de Inocencio XIII (en latín Innocentius XIII, en italiano Innocenzo XIII). É o papa n.º 244 da Igrexa católica entre os anos 1721 e 1724. En memoria de Inocencio III, un dos seus antecesores, tomou o nome de Inocencio XIII.

En 1723, protestou en van contra a invasión polo emperador Carlos VI de Alemaña dos ducados de Parma e de Plasencia, territorios baixo soberanía feudal pontifical. Sostivo o partido xacobita e do pretendente, Xacobe Eduardo Stuart, a quen deu oito mil escudos para o mantemento do seu tribunal en Roma, no pazo Muti Papazzurri. Resistiu moito cara aos franceses e negouse a retirar a bula Unigenitus. Non obstante, concedeu o chapeu de cardeal a ao Guillaume Dubois.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.