Inmunoxenética
A inmunoxenética é a rama da Inmunoloxía médica e da Xenética médica que explora as relacións entre o sistema inmunitario e a xenética.
Doenzas autoinmunes, como a diabetes tipo 1, dependen de caracteres xenéticos complexos que causan defectos no sistema inmunitario. A identificación de xenes que definen os defectos inmunes poden atopar novos xenes dianas para as estratexias terapéuticas. Alternativamente, as variacións xenéticas poden tamén axudar a definir a vía inmunolóxica que causa a doenza.
Orixe
[editar | editar a fonte]O termo inmunoxenética é a combinación das palabras inmunoloxía e xenética, e defínese como "unha subdisciplina da xenética que trata da base xenética da resposta inmunitaria (inmunidade)" segundo o MeSH.[1]
A xenética (baseada no grego γενεά geneá 'descendente' e γένεσις génesis 'orixe')[2] é a ciencia que estuda a transferencia das características dunha xeración á seguinte.
A inmunoloxía trata das bases biolóxicas e bioquímicas da defensa que realiza o corpo contra os xermes (como bacterias, virus e fungos), así como contra os axentes alleos ao organismo como as toxinas biolóxicas e algúns contaminantes ambientais, e as insuficiencias e malfuncións destes mecanismos. Tamén estuda a defensa contra células propias, como as cancerosas e as enfermidades mediadas pola autoinmunidade.
A inmunoxenética comprende todos os procesos do organismo que están controlados ou influídos polos xenes e que son significativos para as reaccions de defensa inmunitaria do organismo.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia da inmunoloxía e o estudo médico do sistema inmunitario remóntase ao século XIX. O primeiro Premio Nobel no campo da inmunoxenética concedéuselle a Baruj Benacerraf, Jean Dausset e George Davis Snell en 1980 polo descubrimento de estruturas da superficie celular determinadas xeneticamente, que controlan reaccións inmunolóxicas.[3]
Campos de investigación recentes
[editar | editar a fonte]Desde 1972,[4] fundáronse numerosas organización H&I (histocompatibilidade e inmunoxenética) especializadas na investigación sobre cuestións de inmunoxenética. Tanto a aceleración coma a diminución de custos da secuenciación de xenes tiveron como resultado investigacións máis intensivas de grupos de traballo académicos e comerciais. Os tópicos de investigación recentes tratan especialmente coas previsións do curso dunha enfermidade e as recomendacións terapéuticas debidas ás disposicións xenéticas e como estas disposicións poden ser afectadas por diversos axentes (terapia xénica).
Adoita poñerse un foco especial na previsión do resultado de terapias baseadas xeneticamente para enfermidades autoinmunes, que inclúen todas as doenzas causadas por unha reacción extrema do sistema inmunitario contra os propios tecidos do corpo. Por erro, o sistema inmunitario recoñece aos tecidos propios do corpo como un elemento alleo contra o cal se debe loitar. Isto pode orixinar graves reaccións inflamatorias que poden danar permanentemente os propios órganos. Exemplos de doenzas autoinmunes son a esclerose múltiple, a diabetes tipo I, a artrite reumatoide e a enfermidade de Crohn. En canto á esclerose múltiple, un artigo en Nature de 2010[5] mostrou que esta doenza autoinmune non está causada por unha variación xenética, pero o curso e tratabilidade están influenciadas considerablemente por disposicións xenéticas. Esta investigación realizouse analizando un par de xemelgos monoovulares, un dos cales padecía a esclerose múltiple e o outro non.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Immunogenetics - MeSH - NCBI". www.ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "genetic | Origin and meaning of genetic by Online Etymology Dictionary". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "The Nobel Prize in Physiology or Medicine 1980". NobelPrize.org (en inglés). Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "ASHI History - American Society for Histocompatibility and Immunogenetics". www.ashi-hla.org. Consultado o 2020-04-07.
- ↑ "Neil Miller on "Genome, epigenome and RNA sequences of monozygotic twins discordant for multiple sclerosis"". 2010-07-06. doi:10.4016/19108.01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- IMGT, o sistema internacional de información en InMunoXenéTica Arquivado 2012-07-17 en Wayback Machine.
- Cuestións frecuentes en enfermidades autoinmunes do Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos Arquivado 2016-03-04 en Wayback Machine.
- Páxina web dos estudos da asociación National Genome