Inmunidade causada por efector

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Inmunidade desencadeada por efector»)
A célula hóspede detecta a presenza do patóxeno directamente polos padróns moleculares que presenta o patóxeno e indirectamente polos danos causados á célula hóspede polas toxinas xeradas polo patóxeno.

A inmunidade causada por efector ou inmunidade desencadeada por efector (abreviada na literatura inglesa como ETI, de Effector-triggered immunity) é unha propiedade do sistema inmunitario innato. A inmunidade causada por efector foi identificada primeiramente en plantas,[1][2] pero tamén se identificou en células animais.[3]

O sistema inmunitario innato é común a todos os organismos multicelulares e forma a primeira liña de defensa contra os patóxenos. As células infectadas recoñecen que están sufrindo un ataque ao detectaren o patóxeno directamente por medio dos padróns moleculares asociados a patóxenos (PAMPs) que ten este, que se unen a receptores de recoñecemento de padrón (PRRs) das células do hóspede. As células do hóspede tamén recoñecen o patóxeno por inmunidade causada por efector,[4] na cal as células do hóspede son alertadas da presenza do patóxeno polos danos causados polas toxinas ou moléculas efectoras do patóxeno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spoel, SH (February 2012). "How do plants achieve immunity? Defence without specialized immune cells.". Nature Reviews Immunology 12: 89–100. PMID 22273771. doi:10.1038/nri3141. 
  2. Gassmann, Walter; Bhattacharjee, Saikat (2012). "Effector-Triggered Immunity Signaling: From Gene-for-Gene Pathways to Protein-Protein Interaction Networks". Molecular Plant-Microbe Interactions 25 (7): 862–868. doi:10.1094/MPMI-01-12-0024-IA. 
  3. Stuart, Lynda M.; Paquette, Nicholas; Boyer, Laurent (15 February 2013). "Effector-triggered versus pattern-triggered immunity: how animals sense pathogens". Nature Reviews Immunology 13 (3): 199–206. PMC 4121468. PMID 23411798. doi:10.1038/nri3398. 
  4. Rajamuthiah, Rajmohan (May 2014). "Effector triggered immunity: Activation of innate immunity in metazoans by bacterial effectors". Virulence 5: 697–702. PMC 4189875. PMID 25513770. doi:10.4161/viru.29091.