Inmigración en México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inmigrantes en México, censo OCDE do ano 2010.[1]
     100 000-999 999 : Estados Unidos     20 000-99 999 : España, Guatemala     10 000-19 999 : Colombia, Arxentina, Italia, Cuba, Honduras, Venezuela e Corea do Sur     5 000-9 999 : O Salvador, Canadá, Francia, China, Alemaña, Nicaragua, Reino Unido     1 000-4 999 : Costa Rica, Ecuador, Brasil, Chile, Uruguai, Suíza, Xapón, Polonia, Rusia, Suecia, Líbano, Israel, Haití, Panamá, Rep. Dominicana     0-999 : O Resto

A inmigración en México caracterízase por que a meirande parte dos inmigrantes proveñen de América, Europa e Asia. Así, o país non recibiu o nivel de inmigración que recibiron outros países americanos como Arxentina, Brasil, Canadá ou os Estados Unidos. Nos últimos 5 anos aumentou aceleradamente a inmigración estranxeira cara a México por motivos de traballo, estudo, comecio, residencia temporal ou ben, cando os estranxeiros atinxen adaptarse á forma de vida e costumes dos mexicanos elixen a residencia permanente, e no peor dos casos moitos buscan mellorar a súa situación económica, fuxiren da fame, a pobreza ou a persecución. México, dentro das nacións norteamericanas é só un destino de cruceiro temporal ou de visita; porén, moitos estranxeiros ao non poder ingresar nos Estados Unidos ou no Canadá, o país convértese no seu lugar de residencia definitiva que é similar a situación de España respecto á Unión Europea.

As diferenzas entre as estimacións oficiais e de organismos privados sobre o número de estranxeiros vivindo en México é significativa. A cifra de estranxeiros residindo en México é de aproximadamente 1,000,000.00, dos cales a maioría (86.9%) proveñen de Estados Unidos, Guatemala, España, O Salvador, Arxentina e Colombia (agás en Chiapas, onde a maioría dos inmigrantes son de Centroamérica). Os estados co maior número de inmigrantes estranxeiros son Baixa California (12,1% de total de inmigrantes), o Distrito Federal (11,4%), Xalisco (9,9%), Chihuahua (9%), Tamaulipas (7,3%), Chiapas (7.2%). Máis do 54% da poboación inmigrante ten menos de 15 anos de idade, e o 9% máis de cincuenta.

Táboa de inmigración[editar | editar a fonte]

Poboación por nacionalidade en México[editar | editar a fonte]

A meirande parte dos estranxeiros de México contabilizados no censo proceden dos Estados Unidos ou doutros países de Hispanoamérica, con menores poboacións procedentes de Europa, Asia, ou países americanos non hispano-falantes. O número de inmigrantes medrou conforme medrou o desenvolvemento económico do país. Malia isto, comprende só o 1% da poboación total.

Place Country 2010 2000 1990
1 Estados Unidos de América Estados Unidos 738,103 343,591 194,619
2 Flag of Guatemala.svg Guatemala 35,322 23,597 46,005
3 España España 18,873 21,024 24,783
4 Flag of Colombia.svg Colombia 13,922 6,465 4,635
5 Flag of Argentina.svg Arxentina 13,696 6,215 4,964
6 Flag of Cuba.svg Cuba 12,108 5,537 5,217
7 Flag of Honduras.svg Honduras 10,991 3,722 1,997
8 Flag of Venezuela.svg Venezuela 10,063 2,823 1,533
9 Flag of El Salvador.svg O Salvador 8,088 6,647 2,979
10 Flag of Canada.svg Canadá 7,943 5,768 3,011
11 Flag of France.svg Francia 7,163 5,723 4,195
12 Flag of the People's Republic of China.svg China 6,655 2,100 1,161
13 Alemaña Alemaña 6,214 5,595 4,499
14 Flag of Peru.svg Perú 5,886 3,749 1,633
15 Flag of Chile.svg Chile 5,267 3,848 2,501
16 Italia Italia 4,964 3,904 2,397
17 Flag of Brazil.svg Brasil 4,532 2,320 1,293
18 Flag of South Korea.svg Corea do Sur 3,960 2,079 1,161
19 Flag of Nicaragua.svg Nicaragua 3,572 2,522 1,521
Other countries 43,799 37,126 32,487
TOTAL 961,121 492,617 340,246
Fonte: INEGI (2000),[2] CONAPO (1990)[3][4] e INEGI (2010)[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]