Inhibidor da protease relacionado coa proteína Z

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Inhibidor da protease relacionado coa proteína Z
Identificadores
Símbolo SERPINA10
Entrez 51156
HUGO 15996
OMIM

605271

RefSeq NM_016186
UniProt Q9UK55
Outros datos
Locus Cr. 14 q32.1

O inhibidor da protease dependente da proteína Z ou ZPI é unha proteína do plasma sanguíneo que inhibe os factores Xa e XIa da fervenza de coagulación do sangue. É un membro da clase de encimas inhibidores da serina protease (serpinas). Como indica o seu nome, require a proteína Z, outra proteína circulante do sangue, para poder funcionar axeitadamente, pero isto só se aplica á súa inhibición do factor X.

Ten un peso molecular duns 72 kDa e consta de 444 aminoácidos. Prodúcese no fígado. Está codificada no xene SERPINA10 do cromosoma 14 humano.

Papel en enfermidades[editar | editar a fonte]

Water et al. atoparon deficiencia de ZPI no 4,4% dunha cohorte de pacientes de trombofilia (unha tendencia á trombose).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Han et al. describiron por primeira vez o ZPI en 1998.[2] O mesmo grupo caracterizouna con máis detalle en 2000.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Van de Water N, Tan T, Ashton F, O'Grady A, Day T, Browett P, Ockelford P, Harper P (October 2004). "Mutations within the protein Z-dependent protease inhibitor gene are associated with venous thromboembolic disease: a new form of thrombophilia". British Journal of Haematology 127 (2): 190–4. PMID 15461625. doi:10.1111/j.1365-2141.2004.05189.x. 
  2. Han X, Fiehler R, Broze GJ (August 1998). "Isolation of a protein Z-dependent plasma protease inhibitor". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 95 (16): 9250–5. PMC 21324. PMID 9689066. 
  3. Han X, Fiehler R, Broze GJ (November 2000). "Characterization of the protein Z-dependent protease inhibitor". Blood 96 (9): 3049–55. PMID 11049983. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.