Inglés aborixe australiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O inglés aborixe australiano (en inglés: Australian Aboriginal English, AAE) é o dialecto do inglés australiano empregado por unha gran parte da poboación aborixe australiana. Componse de diferentes variedades que se desenvolveron en diferentes partes de Australia. Estas variedades son un diverso continuum que vai dende formas lixeiras, achegadas ó inglés australiano estándar, a formas máis diferenciais, achegadas ó crioulo australiano.[1][2] Diferéncianse no acento, gramática, palabras e significados, así como o uso da lingua.[3] O inglés australiano non debe ser confundido co crioulo australiano, que é unha lingua diferente do inglés falada por 30 000 persoas en Australia.[4] Os falantes tenden a cambiar o seu rexistro lingüístico entre as diferentes variedades do inglés aborixe dependendo do interlocutor, xa que é máis semellante ó inglés australiano cando se dirixen a persoas non indíxenas.[2]

Moitos dos trazos do inglés aborixe son comúns a outras linguas crioulas de países achegados, como o tok pisin en Papúa Nova Guinea, o pijin das Illas Salomón, e o bislama en Vanuatu.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Butcher, Andrew. 2008. "Linguistic aspects of Australian Aboriginal English," Clinical Linguistics and Phonetics, 22(8):625–642. doi 10.1080/02699200802223535.
  2. 2,0 2,1 Eades, Diana. "Aboriginal English", Atlas of languages of intercultural communication in the Pacific, Asia, and the Americas. Mouton de Gruyter, 1996, p. 133–141.
  3. Eades, Diana. "Aboriginal English". Consultado o 4 de xuño de 2011. 
  4. Harris, John. "Linguistic responses to contact: Pidgins and creoles," The Habitat of Australia's Aboriginal Languages: Past, Present and Future. Mouton de Gruyter, 2007, p. 131–151.