Infiltrados
Infiltrados | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Departed |
Director | Martin Scorsese |
Produtor | Brad Pitt Brad Grey Graham King |
Guión | adaptado por William Monahan |
Baseado en | Mou gaan dou de Alan Mak & Felix Chong |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Matt Damon Jack Nicholson Mark Wahlberg Vera Farmiga Martin Sheen Ray Winstone Alec Baldwin |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Michael Ballhaus |
Montaxe | Thelma Schoonmaker |
Estudio | Plan B Entertainment GK Films Vertigo Entertainment Media Asia Films |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 2006 |
Duración | 151 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $90 000 000[1] |
Recadación | $289 847 354 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/departed | |
Infiltrados[2] (en inglés: The Departed) é un filme de suspense dirixido por Martin Scorsese en 2006, gañador do Premio Oscar á mellor película na entrega número 79 dos premios da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Martin Scorsese recibiu o Oscar ó mellor director, Thelma Schoonmaker o Oscar á mellor montaxe e William Monahan o Oscar ó mellor guión adaptado, todos polo seu respectivo labor neste filme.
Trátase do remake americano do aclamado filme hongkonés de 2002, Mou gaan dou (Wu jian dao), tamén coñecido coma Infernal Affairs.
Sinopse
[editar | editar a fonte]The Departed está ambientada no sur de Boston, onde a policía estatal está en guerra co crime organizado. O Departamento de Policía de Massachussets enfróntase á maior banda de crime organizado da cidade e a estratexia consiste en acabar dende dentro co poderoso xefe da mafia Frank Costello (Jack Nicholson). O encargado de infiltrarse na súa banda é o novato Billy Costigan (Leonardo DiCaprio). Mentres Billy tenta gañar a confianza de Costello, outro mozo policía, Colin Sullivan (Matt Damon), ascende rapidamente e ocupa un posto na Unidade de Investigacións Especiais, grupo de elite que ten por misión acabar con Costello. Pero o que os seus superiores non saben é que Collin traballa para este.
Cada home é consumido profundamente pola súa dobre vida, reunindo información sobre os plans e as medidas en contra das operacións que penetrou. Pero cando os mafiosos e a policía se decatan de que teñen un espía entre eles, de súpeto Billy e Collin corren o perigo de seren capturados e expostos ó inimigo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Leonardo DiCaprio como Billy Costigan
- Matt Damon como Colin Sullivan
- Jack Nicholson como Frank Costello
- Mark Wahlberg como o Sarxento Dignam
- Martin Sheen como o Capitán Queenan
- Vera Farmiga como Madolyn
- Ray Winstone como Sr. French
- Anthony Anderson como Brown
- Alec Baldwin como o Capitán Ellerby
Premios
[editar | editar a fonte]Categoría | Acode | Resultado |
---|---|---|
Mellor película | Gañadora | |
Mellor director | Martin Scorsese | Gañador |
Mellor guión adaptado | William Monahan | Gañador |
Mellor montaxe | Thelma Schoonmaker | Gañadora |
Mellor actor secundario | Mark Wahlberg | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2006
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Martin Scorsese
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Media Asia
- Filmes de Plan B Entertainment
- Filmes producidos por Brad Pitt
- Filmes rodados en Massachusetts
- Filmes ambientados en 1986
- Filmes ambientados en 2006
- Filmes ambientados en 2007
- Filmes de espionaxe
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes de 2006 con versión en galego