Infibulación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Distribución da MXF: Vermello escuro: Excisión e infibulación Pardo: Clitoridectomía

A infibulación é unha cruel mutilación dos xenitais femininos consistente nunha clitoridectomía seguida polo peche vaxinal mediante sutura. Soamente se deixa unha pequena abertura para a emisión da urina e descarga do sangue menstrual.

Características[editar | editar a fonte]

Polo xeral é unha parteira ou curandeira quen realiza a infibulación cando as nenas teñen entre 2 e 7 anos de idade [1]. Non se utiliza anestesia e é común que as pequenas desenvolvan infeccións xa que as condicións da operación tenden a non ser moi hixiénicas[2].

A infibulación, chamada tamén circuncisión faraónica máis que definida é descrita así polo Dr. Cordero Marín[Cómpre referencia]: exportación total do clítoris, labios menores e parte dos labios maiores. As dúas partes da vulva sutúranse con espiños, xeralmente con acacia anana, fíxanse con cordel en peche de corpiño deixando un só buraco que dea paso aos ouriños e ás regras e asegurando a súa permeabilidade cun anaco de cana de bambú. A hemostasia realízase aplicando unha mestura, case sempre de azucre e goma arábiga. A continuación encóstanse ambas as pernas amarrándoas ata a altura dos xeonllos. Unhas semanas despois quítanse os espiños; se a operación non deu resultado repítese de novo.

Despois do matrimonio a vulva é aberta cun coitelo, o que a miúdo volve ocorrer en ocasión dun parto. O peche vaxinal volve repetirse cada vez que o esposo desexa facer unha viaxe.

A infibulación é a forma mais extensa do que en varias culturas africanas se denomina[[circuncisión feminina, unha práctica que aínda se vén realizando en 28 países. A meta é que as mulleres perdan a habilidade de sentir pracer sexual durante o coito, asegurando dese xeito que non serán infieis. O resultado é que a maioría das mulleres que son vítimas da infibulación desenvolven problemas médicos desde os quistes dermoides, infeccións urinarias e fístulas, ata as hemorraxias uterinas e outras complicacións serias que poden causarlles ata a morte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Skaine, Rosemary. Mutilación Xenital Feminina: Ramificacións Legais, Culturais e Médicas. McFarland 2005. ISBN 0-7864-2163-3
  2. Pieters, Guy, M.D.; Albert B. Lowenfels, M.D.; "Infibulación no Corno de Africa", en New York State Journal of Medicine. Abril 1977. 77 (6): 729-731.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]