Saltar ao contido

Indian Remote Sensing Satellite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Indian Remote Sensing Satellite ou IRS é o nome dunha serie de satélites de observación da Terra indios.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Os satélites IRS son satélites gobernamentais adicados á observación terrestre mediante sensores remotos en satélites para o estudo da Terra, o descubrimento e xestión de recursos e a axuda en emerxencias.[1]

IRS 1A e 1B

[editar | editar a fonte]

Os dous primeiros satélites IRS foron lanzados en 1988 e 1991 respectivamente a bordo de foguetes Vostok 2M desde o cosmódromo de Baikonur. IRS 1A levaba a bordo dúas cámaras con resolucións de 73 e 36,25 m. Quedou fóra de servizo en xullo de 1996, tras oito anos de servizo. IRS-1B era unha versión mellorada e máis flexible de IRS-1A. A súa misión terminou o 20 de decembro de 2003, tras 12 anos de servizo.[2][1]

IRS 1C e 1D

[editar | editar a fonte]

Foron a seguinte xeración de satélites IRS. Tiñan máis sensibilidade e capacidade que os dous primeiros. Cada satélite levaba tres cámaras de barrido:

  • PAN: cámara pancromática cunha resolución de 5,8 m e un ancho de barrido de 70 km. Podía apuntar ata 26º fora do eixo para obter imaxes esterográficas.
  • LISS-3 (Linear Imaging and Self-Scanning Sensor 3): unha cámara multiespectral en catro bandas cunha resolución de 23,5 m nas dúas bandas visible e unha das infravermellas cun ancho de barrido de 141 m e unha resolución de 70,5 m e un ancho de 148 km na cuarta banda, no infravermello distante.
  • WiFS (Wide Field Sensor): cámara en dúas bandas espectrais cunha resolución de 188 m e un ancho de barrido de 810 km.

IRS-1C foi lanzado o 28 de decembro de 1995 mediante un foguete Molniya M e IRS-1D foi lanzado o 29 de setembro de 1997 mediante un PSLV.[3][1]

IRS 1E (IRS P1)

[editar | editar a fonte]

IRS 1E foi un satélite experimental para observación terrestre feito a partir do modelo de enxeñería de IRS-1A engadíndolle un sensor estéreo electroóptico desenvolvido pola axencia DLR alemaña ademais da cámara LISS-1 que xa levaba a bordo. Non chegou a órbita debido ao fallo do seu foguete lanzador, un PSLV.[4][1]

IRS P2 estaba baseado no IRS-1A e levaba a bordo o instrumento LISS-2M, consistente en dúas cámaras denominadas LISS-2A e LISS-2B que recibían luz dun único montaxe óptico con catro lentes para catro bandas espectrais no visible e no infravermello próximo. A resolución era de 32,74 m. O satélite foi lanzado o 15 de outubro de 1994 mediante un PSLV.[5][1]

IRS P3 levaba a bordo tres instrumentos:

  • A cámara WiFS, usada tamén nos IRS 1C e 1D.
  • O sensor MOS (Multispectral Optoelectronic Scanner), un espectrómetro experimental proporcionado por DLR.
  • O experimento IXAE (Indian X-ray Astronomy Experiment), un instrumento astronómico para estudar fontes celestes en raios X.

Foi lanzado o 21 de marzo de 1996 mediante un PSLV.[6][1]

IRS P4, tamén denominado Oceansat 1, foi o primeiro satélite indio lanzado para estudar os océanos. Cunha masa de 1036 kg, foi lanzado o 26 de maio de 1999 mediante un foguete PSLV a unha órbita de 720 km de altura. Levaba a bordo os instrumentos OCM (Ocean Colour Monitor) e MSMR (Multifrequency Scanning Microwave Radiometer).[7][1]

IRS P5, tamén denominado Cartosat 1, foi lanzado para facer tarefas de cartografía. Cunha masa de 1560 kg, foi lanzado o 5 de maio de 2005 mediante un foguete PSLV a unha órbita de 618 km de altura. Levaba a bordo dúas cámaras para tomar imaxes estereográficas cunha resolución de 2,5 m.[8][1]

IRS P6 ou Resourcesat 1 foi lanzado o 17 de outubro de 2003 cun PSLV para mellorar a xestión da agricultura, control de desastres e uso do auga. Levaba a bordo a cámara LISS-IV, cunha resolución de 5,8 m, LISS-III, cunha resolución de 23,5 m, e AWiFS, con 60 m de resolución.[9][1]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9]
IRS 1A 17 de marzo de 1988 Vostok 2M Éxito
IRS 1B 29 de agosto de 1991 Vostok 2M Éxito
IRS 1C 28 de decembro de 1995 Molniya M Éxito
IRS 1D 29 de setembro de 1997 PSLV Fallo parcial. O foguete deixou o satélite nunha órbita máis baixa da prevista.
IRS 1E (IRS P1) 20 de setembro de 1993 PSLV Fallo
IRS P2 15 de outubro de 1994 PSLV Éxito
IRS P3 21 de marzo de 1996 PSLV Éxito
IRS P4 26 de maio de 1999 PSLV Éxito
IRS P6 17 de outubro de 2003 PSLV Éxito
IRS P5 5 de maio de 2005 PSLV Éxito
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 Mark Wade (2020). "ISS" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IRS 1A, 1B" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IRS 1C, 1D" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IRS 1E" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IRS P2" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IRS P3" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IRS P4 (Oceansat 1)" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IRS P5 (Cartosat 1)" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "IRS P6 (Resourcesat 1)" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]