Independencia linear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vectores linearmente independentes en
Vectores linearmente dependentes nun plano en .

En matemáticas, dise que un conxunto de vectores é linearmente dependente se un dos vectores do conxunto pode ser definido como combinación linear dos outros; se ningún vector do conxunto pode escribirse deste xeito, dise que os vectores son linearmente independentes. Estes conceptos son fundamentais para a definición de dimensión.[1]

Un espazo vectorial pode ter dimensión finita ou infinita dependendo do número de vectores linearmente independentes nunha base. A definición de dependencia linear e a posibilidade de determinar se un subconxunto de vectores nun espazo vectorial é linearmente dependente son fundamentais para atopar unha base nese espazo.

Definición[editar | editar a fonte]

Dise que os vectores nun subconxunto dun espazo vectorial V son linearmente dependentes se existe un número finito de vectores distintos en e escalares , non todos nulos, tales que

onde denota o vector cero.

Cómpre sinalar que se non todos os escalares son nulos, entón polo menos un non é cero, por exemplo , e neste caso a igualdade pode escribirse da forma

Así, aparece como combinación linear dos demais vectores.

Dise que os vectores dun conxunto son linearmente independentes se a igualdade

só pode ser satisfeita con para . Isto implica que ningún vector do conxunto se pode representar como combinación linear dos restantes, é dicir, un conxunto de vectores é linearmente independente se a única representación de como combinación linear dos seus vectores é a representación trivial na que todos os escalares son cero.[2]

Dimensións infinitas[editar | editar a fonte]

Para permitir que o número de vectores linearmente independentes nun espazo vectorial sexa infinito numerable, resulta útil definir a dependencia linear como segue: Sexa V un espazo vectorial sobre un corpo K, e sexa {vi | iI} unha familia de elementos de V. A familia é linearmente dependente sobre K se existe unha familia {aj | jJ} de elementos de K, non todos cero, tales que

onde o conxunto índice J é un subconxunto non baleiro de I.

Un conxunto X de elementos de V é linearmente independente se a familia correspondente {x}xX é linearmente independente. Equivalentemente, unha familia é dependente se un membro es combinación linear dos demais da familia. O caso trivial da familia baleira debe considerarse como linearmente independente para aplicar os teoremas.

Un conxunto de vectores linearmente independente que cobre un espazo vectorial forma unha base dese espazo. Por exemplo, o espazo vectorial dos polinomios en x sobre os números reais ten o subconxunto (infinito) {1, x, x2, ...} como base.

Avaliación da independencia linear[editar | editar a fonte]

Vectores en ℝ2[editar | editar a fonte]

Tres vectores[editar | editar a fonte]

Considérese o conxunto de vectores v1 = (1, 1), v2 = (−3, 2) e v3 = (2, 4), entón a condición para a dependencia linear busca un conxunto de escalares non nulos tales que

ou

Reducindo a matriz da ecuación subtraendo a primeira fila da segunda obtense

Continúase a redución dividindo a segunda fila entre 5 e logo multiplicando por 3 e sumando a primeira fila, é dicir

Pode entón reordenarse a ecuación para obter

que mostra que existe ai non nulo tal que v3 = (2, 4) se pode definir en termos de v1 = (1, 1), v2 = (−3, 2). Entón, os tres vectores son linearmente dependentes.

Dous vectores[editar | editar a fonte]

Considérese a dependencia linear de dous vectores v1 = (1, 1), v2 = (−3, 2), e compróbese,

ou

A mesma redución da matriz empregada na epígrafe anterior leva a

Isto mostra que ai = 0, o que quere dicir que os vectores v1 = (1, 1) e v2 = (−3, 2) son linearmente independentes.

Vectores en ℝ4[editar | editar a fonte]

Para determinar se os tres vectores en ℝ4,

son linearmente dependentes fórmase a ecuación matricial

Reducindo a ecuación obtense

Reordenando para resolver v3 obtense

Esta ecuación pode resolverse facilmente para definir un ai non nulo,

onde a3 pode escollerse arbitrariamente. Así, os vectores v1, v2 e v3 son linearmente dependentes.

Métodos alternativos empregando determinantes[editar | editar a fonte]

Un método alternativo pode atoparse co feito de que n vectores en son linearmente independentes se e só se o determinante da matriz formada tomando os vectores como columnas non é cero.

Neste caso, a matriz formada polos vectores é

Pódese escribir como combinación linear das columnas como

Interesa saber se AΛ = 0 para algún vector non nulo Λ. Isto depende do determinante de A, que é

Dado que o determinante non é nulo, os vectores (1, 1) e (−3, 2) son linearmente independentes.

Doutro xeito, se se teñen m vectores de n coordenadas, con m < n. Entón A é unha matriz n×m e Λ é un vector columna con m elementos, e de novo interesa se AΛ = 0. Como se viu antes, isto é equivalente a unha listaxe de n ecuacións. Considérense as primeiras m filas de A as primeiras m ecuacións; algunha solución da lista completa de ecuacións debe ser tamén válida para a lista reducida. De feito, se 〈i1,...,im〉está nalgunha lista de m filas, entón a ecuación debe ser verdadeira para esas filas.

Ademais, o recíproco é verdadeiro, é dicir, pódese comprobar se os m vectores son linearmente dependentes comprboando se

para todas as posibles listas de m filas. (No caso de que m = n, require só o determinante, como arriba. Se m > n, entón é un teorema que os vectores deben ser linearmente dependentes.) Este feito é avaliable en teoría, mais na práctica disponse de métodos máis eficientes.

Máis vectores que a dimensión[editar | editar a fonte]

Se hai máis vectores que a dimensión, os vectores son linearmente dependentes. Isto vén ilustrado no exemplo superior de tres vectores en ℝ2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. G. E. Shilov, Linear Algebra (Trans. R. A. Silverman), Dover Publications, Nova York, 1977.
  2. Friedberg, Insel, Spence, Stephen, Arnold, Lawrence (2003). Linear Algebra. Pearson, 4th Edition. pp. 48–49. ISBN 0130084514. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]